Actualidade

I Foro ACEM de enfermidades neurodexenerativas

O 14, 15 e 16 de novembro ás 16:30hrs. no Salón de actos do Edificio CERSIA en Santiago (San Lázaro). 

Xornadas divulgativas sobre esclerose múltiple, párkinson e ELA traerán a Santiago a personalidades e a expertos de relevancia para falar de experiencias persoais, avances médicos e investigación.

O Foro conta co patrocinio de Janssen e Italfarmaco e a colaboración de diversas entidades e organismos.

Descarga o PROGRAMA

ACEM organiza este novembro unha cita de referencia no eido divulgativo e de visibilización, coa que busca sacar unha instantánea da situación actual das principais patoloxías que reciben atención sociosanitaria no seu Centro de Rehabilitación Integral.

Ao longo de tres días -cada un dos cales estará adicado a unha enfermidade- as xornadas abordarán a realidade que afrontan cada día as persoas afectadas por estas enfermidades, a través dun percorrido polas súas experiencias persoais, calidade de vida, polos avances médicos e pola investigación.

María Teresa González Salvadores, presidenta de ACEM, destaca do Foro a súa importancia por vertebrar as tres áreas implicadas nas enfermidades: os pacientes (e as súas asociacións), a parte clínica e a investigación. “Quisimos diseñar un programa que tuviese en consideración todos estos aspectos, porque nos necesitamos los unos a los otros”.

PONENTES

Asier de la Iglesia, Dr. Miguel Ángel Llaneza, Dr. José María Prieto, José Mª Andrade, Dr. Ángel Sesar, profesores José Luis Labandeira e Ana Isabel Rodríguez, Luis Gómez Aldegunde e María Xesús Seoane, Dr. Julio Pardo e Dra. Raquel Barajas.

COLABORACIÓNS

Á hora de organizar o Foro, ACEM tivo moi en conta a colaboración de outras entidades e organismos, coa finalidade de establecer sinerxias, tecer redes e de visibilizar o labor que cada un fai no seu eido.

Colaboran neste Foro: Concello de Santiago, Servizo Galego de Saúde, a Sociedad Española de Neurología e o Grupo de Estudio de Esclerosis Múltiple e EnfermEdades nueroinmunológicas Relacionadas, o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Idis), a Fundación DEGEN, a Fundación Luzón, a Asociación Baila con EM, a Asociación Párkinson Galicia-Coruña, a Asociación Galega de Afectados de ELA (AGAELA). A cita conta ademáis co aval científico de CIBERNED, Centro de investigación Biomédica en Red- Enfermedades Neurodegenerativas.

PROGRAMA

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *