Máis de 50 persoas con Esclerose Múltiple de Santiago beneficiáronse en 2022 do servizo de Traballo Social grazas á ‘X Solidaria’
BALANCE ANUAL DO IRPF
- A actuación enmarcouse dentro do ‘Programa de apoio aos programas de rehabilitación integrais das persoas con EM das asociacións federadas’ cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF e xestionados pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM).
- A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) puido ofrecer o servizo grazas ás subvencións que as persoas contribuíntes derivaron marcando o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’ na declaración da renda.
- Este servizo tivo como obxectivos a atención, o asesoramento e o acompañamento tanto das persoas afectadas como das súas familias.
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) ofreceu este ano, dentro do ‘Programa de apoio aos programas de rehabilitación integrais das persoas con EM das asociacións federadas’, o servizo de Traballo Social do que se beneficiaron máis de 50 persoas.
O servizo, destinado ás persoas con Esclerose Múltiple de Santiago de Compostela e comarca tivo por obxectivos ofrecer atención, asesoramento e acompañamento tanto das persoas afectadas como das súas familias. É un servizo fundamental, xa que é o primeiro contacto na asociación para as persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson, e para os seus familiares ou referentes. A profesional informa sobre os servizos e actividades existentes no centro, así como do seu funcionamento, atendendo ás necesidades e demandas das persoas usuarias.
Máis de 50 persoas beneficiáronse deste servizo de Traballo Social nos meses de xaneiro e febreiro grazas ao cofinanzamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), a través do ‘Programa de apoio aos programas de rehabiltación integrais das persoas con EM das asociacións federadas’.
Leave a Reply