Causas do Parkinson

A día de hoxe non se coñece a causa última da EP. Con todo, considérase que podería deberse a unha combinación de factores xenéticos, ambientais e os derivados do propio envellecemento do organismo.

A idade

A idade é un claro factor de risco, o máis común é que a enfermidade inicie entre os 50-60 anos. Así, a prevalencia aumenta exponencialmente a partir da sexta década de vida. Cando a EP aparece antes dos 50 anos, denomínase EP de Inicio Temperán.

Factores xenéticos

O 90% dos casos de párkinson son formas esporádicas, é dicir, non se deben a unha alteración xenética concreta. Con todo, estímase que entre o 15% e o 25% das persoas que teñen a enfermidade contan con algún parente que a desenvolveu.

Factores ambientais

Algúns estudos citan como factor de risco o consumo continuado ao longo dos anos de auga de pozo ou estar exposto a pesticidas e herbicidas.