Actualidade

O servizo de psicoloxía de ACEM para persoas afectadas de esclerose múltiple beneficiará xa a máis de 50 persoas

-O servizo é posible grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron “Fines Sociales” na súa declaración da renda, e é xestionado dende COGAMI.  

O ano pasado 38 persoas afectadas beneficiáronse deste servizo de maneira gratuíta e estímase que 24 persoas o fagan este ano.

Servizo de Intervención Psicolóxica en Esclerose Múltiple en ACEM

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, ACEM, renova o seu servizo de “Intervención psicolóxica en esclerose múltiple”, un servizo especializado moi demandado polas persoas afectadas pola enfermidade e as súas familias.

O servizo “Intervención psicolóxica en esclerose múltiple” enmárcase no programa  “Atención social e asesoramento especializado”e está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

As actuacións desta intervención psicolóxica especializada van encamiñadas a: identificar e intervir nos distintos trastornos, proporcionando habilidades para o afrontamento do estrés diario e control da ansiedade; detectar e procurar o cambio de pensamentos, crenzas erróneas e disfuncionais en torno á enfermidade e as súas implicacións; alentar a expresión de sentimentos, ofrecer apoio, soporte verbal e información; e a mellorar a autoestima e motivar no establecemento e consecución de novas metas.

As persoas socias de ACEM interesadas neste servizo poden contactar coa asociaciónnos teléfonos  981 575 240 – 620 533 471 e no mail acem.santiago@gmail.com

A ESCLEROSE MÚLTIPLE

A esclerose múltiple é unha das enfermidades máis comúns do sistema nervioso central  que afecta en España a máis de 47.000 personas, sendo Galicia a área coa prevalencia máis alta habendo na actualidade más de 4.000 persoas diagnosticadas.

A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do Sistema Nervioso Central. Os síntomas tempranos máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formigueos, entumecementos, vértigos e mareos, debilidade muscular, espasmos e problemas de equilibrio e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son ‘invisibles’, pero inciden no día a día destas persoas. A incapacidade que provoca caracterízase por trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañada doutras alteracións como ansiedade e depresión.

Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM)

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.

A ACEM conta con 25 anos de experiencia no colectivo de atención a persoas con discapacidade e dependencia. No seu Centro de Rehabilitación Integral ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector.

ACEM ten coma obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple, así como a dos seus familiares e coidadores. Pertence a COGAMI, FEGADEM e a AEDEMCOCEMFE.

INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN ESCLEROSE MÚLTIPLE

Cartel do servizo
  • Cofinanciamento: Xunta de Galicia
  • Entidade beneficiaria: COGAMI
  • Entidade executante: ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.  
  • Título do proxecto: Intervención Psicolóxica en Esclerose Múltiple
  • Título do programa: Atención Social e asesoramento especializado.
  • Subvención con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF procedente das persoas que marcaron a casilla “Fines Sociales” na súa Declaración da Renda.
  • Subvención xestionada por COGAMI.
  • Convocatoria:  Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *