Actualidade

ACEM organiza unha xornada de sensibilización con motivo do seu aniversario: “25 anos na esclerose múltiple”

Onte mércores, 25 de novembro, ás 17 hrs. tivo lugar de maneira en liña e gratuíta desde a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, esta xornada de sensibilización sobre “Logros e retos futuros en atención sociosanitaria e visibilización”.

A xornada enmarcouse dentro do proxecto “ Empatiza coa EM: xornadas de sensibilización sobre a Esclerose Múltiple”, concedida á Asociación Española de Esclerosis Múltiple AEDEM – COCEMFE polo Ministerio de Sanidad, Consumo e Bienestar Social.

Na mesma participaron recoñecidos profesionais que abordaron temas como o Sexo e a esclerose Múltiple, neuropsicología en EM, ou o Proceso Asistencial Integrado de EM en Galicia. Ademais, presentouse -a través dunha peza de vídeo- o mural conmemorativo que realizou o artista Pelucas na entrada do Centro de Rehabilitación Integral de ACEM, unha contribución máis á visibilización.  

A presidenta de ACEM, Teresa González, co artista Pelucas e o mural conmemorativo.

Onte mércores, 25 de novembro, ás 17 hrs. levou a cabo de maneira online a través de Zoom a xornada “ACEM: 25 anos na esclerose múltiple. Logros e retos futuros en atención sociosanitaria e visibilización”. Unha sesión que se enmarcou dentro do proxecto “Empatiza coa EM: Xornadas de sensibilización sobre a Esclerose Múltiple”, concedida á Asociación Española de Esclerosis Múltiple AEDEM – COCEMFE polo Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social.

Esta xornada realizouse con motivo do 25 aniversario da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple ( ACEM), e -ademais das intervencións dos profesionais-, pretendeu constituír unha reflexión sobre a importancia do movemento asociativo á hora de acadar obxectivos, dando conta dos últimos logros e poñendo sobre a mesa retos futuros.

PARTICIPANTES

A xornada abriuse cunha presentación que fixo balance de “O labor de ACEM desde a súa creación”, a cargo de Mª Teresa González (presidenta de ACEM) e Rosa Mª Villar ( Expresidenta de ACEM).

Contou ademais coa participación do Dr. José María Prieto González, Xefe de Neuroloxía do CHUS e presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía, para explicar “O Proceso Asistencial Integrado de esclerose múltiple en Galicia”, aprobado en decembro de 2019, e que constitúe o último logro sanitario neste ámbito, impulsado tamén polas Asociacións de pacientes.

A intervención da Dr. Isabel Jiménez Martín, profundou na “Neuropsicología na esclerose múltiple” e tentou dar resposta a preguntas que a miúdo se lles expoñen ás persoas afectadas: Por que me acordo perfectamente de acontecementos de hai anos e non son capaz de lembrar se apaguei o gas ou o que comín? Podo ter problemas de memoria e recuperalos despois dun brote? Existe relación entre a afectación cognitiva e a motora?

“O sexo e a esclerose múltiple” foi outro dos bloques temáticos da xornada, a cargo da psicológa de ACEM Silvia Tubío Laiño. Unha conversación que tuvocomo obxectivo naturalizar o sexo e achegarnos un pouco máis á realidade que a esclerose múltiple esconde achega do mesmo.

Para terminar, presentouse o mural conmemorativo do 25 aniversario de ACEM, que realizou o artista Pelucas nos muros da entrada do Centro de Rehabilitación Integral da asociación, e que se enmarca dentro das accións de visibilización coas que contribuíu esta xornada de sensibilización. Dita presentación levou a cabo coa proxección dunha peza de vídeo que recolleu o proceso de realización.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *