Quen somos

asociación gallega de esclerósis múltiple

Quen somos?

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.


A ACEM conta con máis de 20 anos de experiencia no colectivo de atención a persoas con discapacidade e dependencia. Así, no ano 2009 o concello de Santiago de Compostela cede unha parcela situada na rúa Queixume dos Pinos s/n, baixo réxime de concesión demanial, para a construción dun centro, que con data 27 de xuño do 2013 foi declarado de interese e utilidade municipal. É neste Centro de Rehabilitación Integral, onde a A.C.E.M. ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector.

asociación española de esclerósis múltiple

Os valores que a ACEM propugna son a consideración das persoas con esclerose múltiple como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade e na súa actuación, o traballo en equipo, a eficia e a eficiencia, a mellora continua, e o compromiso co colectivo de persoas con EM.


Ámbito de actuación

O seu ámbito de actuación é o correspondente as provincias de A Coruña e Pontevedra (concellos e comarcas incluídas dentro do ámbito de atención xeográfico, clínico e administrativo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela). A súa sede ubícase en Santiago de Compostela. Colabora con entidades de idéntica ou similar finalidade, como con ADELA (Asociación Española de ELA).

Rexistros

ACEM foi declarada Entidade de Utilidad Pública no 2007.

Rexistro Entidade de Acción voluntaria: O-712.

Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS): E-897

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Rexistro Central de Asociacións: 2004/007243-1

Rexistro Provincial de Asociacións: núm. 3.983

Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Santiago: 612

Rexistro Sanitario C-15-003912


Formamos parte de

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple forma parte de AEDEM-COCEMFE (Asociación Española de Esclerosis Múltiple – Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica), de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), de FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple), e é entidade adherida á Federación Española de Párkinson.