Os nosos obxectivos

Os nosos obxectivos

A misión da ACEM é a de levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con esclerose múltiple e doenzas semellantes, así como a das súas familias, a través da prestación de servizos socio-sanitarios, da sensibilización social e a defensa dos dereitos do colectivo de persoas con EM.

ACEM ten como un dos seus principios constituírse nunha entidade consolidada e amplamente recoñecida, pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso, profesionalidade e liderado nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas ó grupo social das persoas afectadas de esclerose múltiple e/ou as súas familias.

Principios e valores


A A.C.E.M. defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario.

A A.C.E.M. basea a súa actuación nos seguintes  principios e valores:

  • Democracia interna.
  • Xestión ética e solidaria.
  • Impulso da participación dos seus membros e tódalas súas actuacións.
  • Transparencia e publicidade na xestión e actuación das/dos súas/seus socias/os.
  • Defensa das necesidades xerais por riba de intereses particulares.
  • A defensa do grupo social como titular de dereitos, evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas ou asistenciais.

Os valores que a A.C.E.M. propugna son a consideración das persoas con esclerose múltiple como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade e na súa actuación, o traballo en equipo, a eficacia e a eficiencia, a mellora continua, e o compromiso co colectivo de persoas con EM.

Obxectivos


Os obxectivos principais de A.C.E.M. son:

01. Apoiar a tódalas persoas con esclerose múltiple e as súas familias, residentes no territorio do seu ámbito de actuación.

02. Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con esclerose múltiple.

03. Facilitar información acerca da esclerose múltiple ós profesionais sanitarios e sociais e ós familiares, coa fin de lograr un mellor coñecemento e implicación dos mesmos.

04. Apoiar e representar ó colectivo de persoas con esclerose múltiple e as súas familias, para a consecución dos seus dereitos e a denuncia da vulneración dos mesmos, co máis absoluto respeto a súa dignidade e diversidade.

05. Promover e apoiar as iniciativas á creación de Unidades de Referencia en esclerose múltiple dentro da nosa Comunidade Autónoma.

06. Promover e/ou crear os servizos de estudo, programación, formación, asistencia técnica, xestión especializada ou outros equivalentes que as circunstancias aconsellen.

07. Promover, facilitar ou utilizar os medios lícitos de propaganda, publicidade, información ou difusión para dar a coñecer a A.C.E.M., así como os problemas das persoas con esclerose múltiple e das súas familias.

08. O desenvolvemento das actividades docentes encamiñadas á formación do persoal técnico especializado na diagnose e tratamento da patoloxía.

09. A investigación dos problemas que plantexa a esclerose múltiple nos seus aspectos epidemiolóxicos, fisiopatolóxicos, clínicos, diagnósticos, preventivos, terapéuticos e sociais.

10. A educación sanitaria popular, para dar a coñecer a existencia da esclerose múltiple e as súas posibles solucións terapéuticas.

11. Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con esclerose múltiple.

12. Crear as condicións para que as/os súas/seus socias/os poidan cumprir axeitadamente a misión.

13. Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con esclerose múltiple en particular, e todo o colectivo de persoas con discapacidade en xeral.

14. Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.

15. Orientar, coordinar e impulsar o movemento asociativo de persoas con esclerose múltiple e as súas familias, con criterios de solidariedade.

16. Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da esclerose múltiple.

17. Representar ós seus membros no ámbito provincial, autonómico, estatal e internacional.

18. Desenvolver estratexias solidarias para que se poidan acadar equilibrios interterritoriais en calidade e servizos.

19. Promoción e desenvolvemento persoal e social da muller con esclerose múltiple, loitando pola súa igualdade de oportunidades na esfera social.

20. Desenvolver programas e actividades, dentro da propia esclerose múltiple, dirixidos especificamente á atención da infancia e a xuventude.

21. Desenvolver programas e actividades, dentro da propia esclerose múltiple, dirixidos especificamente a calquera outro colectivo en risco de exclusión social.

22. Desenvolver programas e actividades relacionados co fomento e participación do voluntariado social.

23. Promover e pór en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas con esclerose múltiple, priorizando aquelas que impulsen o deporte de base.

24. Promover e pór en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais, educativas e de lecer orientadas ás persoas con esclerose múltiple.

25. Calquera outra que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ó cumprimento da misión da A.C.E.M. ou redundar no beneficio das persoas con esclerose múltiple.

Medios


Os medios para alcalzar estos obxectivos son os seguintes:

01. Organizar os servizos necesarios de investigación, estudo, programación, información, asistencia técnica, xestión especializada e outros equivalentes que as circunstancias aconsellen, así como actividades, cursos, congresos e seminarios sobre diversos aspectos da esclerose múltiple.

02. Organización dunha biblioteca, así como a creación, en canto sexa posible, dunha revista especializada.

03. Plantexamento e realización dun programa de educación sanitaria popular que difunda o coñecemento da esclerose múltiple e o interese da súa diagnose precoz.

04. Colaboración con todas aquelas entidades oficiais e particulares cuxas actividades poidan ser de utilidade na consecución das finalidades da A.C.E.M.

05. Prestación de servizos rehabilitadores e sociosanitarios que melloren a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple e/ou os seus familiares.

06. Promover, facilitar ou utilizar tódolos medios lícitos de información, formación e difusión para dar a coñecer os problemas das persoas con esclerose múltiple e o seu entorno.

07. Promover o voluntariado e a súa formación para o cumprimento dos seus fins sociais.

08. Desenvolver actividades e iniciativas, dentro do marco legal, que permitan o sostemento económico da A.C.E.M.

09. Contribuir á integración, creación e promoción de centros sanitarios, educativos, ocupacionais, profesionais, residenciais, ou de calquera outra índole, dos que a súa tipoloxía sexa autorizada por Lei, nos que primen a inserción sociolaboral das persoas con esclerose múltiple conforme á lexislación vixente.

10. Valerse de calquera outro medio lícito que sirva para a realización dos seus fins.