Actualidade

ACEM integra aos afectados de párkinson

Coa desaparición este ano da Asociación Párkinson Compostela (ASPAC), ACEM ofrece os seus servizos tamén aos afectados por esta enfermidade. A Asociación convértese así nun centro de referencia na área de Compostela en orientación e servizos para pacientes de distintas enfermidades neurodexenerativas.  

Onte na Asociación tivo lugar a charla online e presencial: “A enfermidade de párkinson 2020, Cómo chegamos ata aquí?” a cargo do Dr. Ángel Sesar Ignacio.

O párkinson é a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente no mundo. Estímase que en Galicia hai entre 7.000 e 8.000 afectados. Os principais síntomas son a lentitude de movementos, o tremor en repouso, a rixidez muscular e a inestabilidade postural.

O Dr. Ángel Sesar Inasio coa presidenta de ACEM, Mª Teresa González

onte tivo lugar dende ACEM a charla presencial e online: “A enfermidade de párkinson 2020: cómo chegamos ata aquí?” a cargo do Co Dr. Ángel Sésar Ignacio, neurólogo membro da Unidade de Trastornos do Movemento do C.H.U.S. que puido ser seguida online e presencial para algúns pacientes afectados.

Dr. Ángel Sesar Inasio

Unha charla que foi de grande interese para as persoas afectadas de párkinson, que veñen de integrarse en ACEM despois do peche da súa Asociación ASPAC. Carmen, creadora da que foi a primeira Asociación de Párkinson de Santiago, acaba de unirse a ACEM: “O que máis precisamos os pacientes é que alguén nos guíe nas terapias, e é por iso que viñemos aquí, para atopar a axuda de profesionais”.

O público presencial

Pacientes, familias e coidadores afectados pola enfermidade reciben xa información, orientación e diversos servizos rehabilitadores e sociosanitarios adecuados ás súas necesidades específicas:Fisioterapia, logopedia, atención psicolóxica, pilates, terapia ocupacional, traballo social, obradoiros e servizos xurídicos, entre outros.  

O servizo que máis lle interesa a Carmen e a súa amiga Mari Carmen  -tamén afectada de párkinson- é a logopedia, mais unha das cousas que tamén aprezan os afectados é a compoñente humana de formar parte dun grupo: “vimos á Asociación buscando un punto de encontro onde atopar outros pacientes coma nós, cos que poder falar e compartir”.

A presidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple María Teresa González Salvadores fai unha valoración moi positiva desta incorporación: “En cidades pequenas como Santiago é importante que os pacientes de patoloxías similares se unan. Deste xeito poden atopar un centro de referencia e un apoio moito maior; algo moi necesario  nestas enfermidades nas que os pacientes tenden ao illamento”. Ademáis –sinalou- “con esta unión o que se consegue é profesionalizar máis os servizos que se ofrecen aos afectados, xa que cun maior números de socios a oferta pode ser más ampla”.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple convírtese así no espazo de referencia da área de Compostela en orientación e servizos sociosanitarios para pacientes de diversas enfermidades neurodexenerativas coma a esclerose múltiple, ELA, párkinson e lupus. 

A enfermidade de párkinson

O Párkinson é a segunda enfermidade máis prevalente na actualidade despois do Alzhéimer, e pertence aos chamados Trastornos do Movemento. En España afecta a máis de 150.000 persoas, e en Galicia se estima que hai entre 7.000 e 8.000 afectados.

Trátase dun trastorno neurodexenerativo que afecta ao sistema nervioso de maneira crónica e progresiva.  Coa enfermidade o control de movemento vése alterado, dando lugar aos síntomas motores típicos, como o tremor en repouso, a lentitude de movementos, a rixidez muscular ou a inestabilidade postural. O máis común é que a enfermidade se inicie entre os 50 e os 60 anos, se ben, existen manifestacións precoces antes dos 40 anos. 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *