ACEM asina convenio de colaboración co Concello de Santiago
Está destinado a apoiar o desenvolvemento do programa de rehabilitación fisioterapéutica de ACEM, por un importe de 9.000 euros.

Este venres A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) asinou xunto con outras entidades sociais no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración co Concello de Santiago, que no caso de ACEM está destinado a apoiar o desenvolvemento do Programa de Rehabilitación Fisioterapéutica.
O servizo de fisioterapia é fundamental na rehabilitación das persoas afectadas de esclerose múltiple, párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas que reciben atención no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM.
O noso agradecemento ao Concello de Santiago polo seu apoio á nosa entidade.

A presidenta de ACEM María Teresa González Salvadores no momento da sinatura, Foto: Concello de Santiago.

Obxectivos e prioridades do Programa de Rehabilitación Fisioterapéutica
Obxectivo xeral: Mellorar a calidade de vida e benestar das persoas afectadas de esclerose múltiple, párkinson e outras enfermidades neurodexenerativas afíns.
Obxectivos específicos:
- Manter a funcionalidade e autonomía persoal o maior tempo posible.
- Manter percorridos de movemento: rangos de movemento articular e propiedades viscoelásticas dos tecidos brandos, prevención da rixidez e estruturación de deformidades
- Diminuír a dor.
- Normalizar as alteracións sensitivas
- Normalizar alteracións do tono tales como hipertonía, hipotonía ou espasticidade
- Mellorar o equilibrio
- Mellorar a coordinación motora.
- Outros.
Leave a Reply