Actualidade

ACEM e AGAELA asinan un convenio de colaboración

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson e ELA, ACEM e AGAELA, Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, asinaron no mes de marzo un convenio de colaboración co obxectivo de establecer unha canle de conexión entre as dúas entidades, para traballar en común en beneficio das persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica.

É un pracer percorrer camiño da man de AGAELA, porque a cooperación, o intercambio e o asesoramento mutuo son fundamentais entre as entidades que teñen un obxectivo común. O noso: mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica.

Podes consultar aquí o Convenio de colaboración ACEM-AGAELA

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *