Pronóstico

asociación española de esclerósis múltiple

Pronóstico

É imposible predicir o curso da EM con precisión para calquera individuo, pois a EM é unha enfermidade con unha gran variabilidade. A procura e definición de factores prognósticos da EM suscitou, desde hai xa tempo, moito interese entre os investigadores. O obxectivo primordial é coñecer que factores poden prever a evolución clínica dos pacientes a fin de mellorar a información prognóstica e poder establecer canto antes terapias modificadoras da evolución da enfermidade.

Como principais factores prognósticos clínicos están o curso da enfermidade no primeiros cinco anos e o tipo de EM, é dicir, se é remitente-recorrente ou progresiva. A idade de inicio e o xénero tamén poden ser indicadores do curso da enfermidade a longo prazo. Algúns estudos indicaron que un inicio a unha idade temperá e un curso en brotes implican un prognóstico máis favorable. Outras investigacións indican que un inicio tardío (máis de 55 anos de idade), particularmente nos homes, pode indicar un curso progresivo da enfermidade. Outros factores prognósticos son algunhas características do primeiro brote de EM: número de sistemas funcionais afectados, clínica monosintomática ou polisintomática, grao de discapacidade na escala de Kurtzke tras o primeiro brote, duración do déficit e secuelas tras o primeiro brote.

Tamén existen outros factores prognósticos: os bioquímicos e de neuroimaxe, que poden achegar datos sobre o prognóstico e evolución da enfermidade.

En calquera caso, son fundamentais as revisións e visitas periódicas ao neurólogo quen realizará un seguimento da evolución e poderá aconsellar sobre os tratamentos aplicables en cada fase do curso evolutivo.