Podes colaborar connosco cunha doazón a cambio dalgún dos produtos solidarios de ACEM.
Lembra que coa túa doazón contribúes a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de esclerose múltiple e tamén das persoas afectadas de párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas que se integran en ACEM e fan uso dos seus servizos no Centro de Rehabilitación Integral.
Podes facer a túa doazón:
- Na sede de ACEM en Santiago: R/Queixume dos Pinos 4, (Salgueiriños).
- Contactando connosco: 981 575 240 – 620 533 471 acem.santiago@gmail.com. Facemos envíos fóra de Santiago de Compostela.
CAMISETA AZUL 25 ANIVERSARIO

CAMISETA NEGRA

PULSEIRA SOLIDARIA

Coa doazón pola pulseira fas tamén a túa aportación á investigación do cancro infantil: as pulseiras son adquiridas a taxistas autónomas que as elaboran artesanalmente para a Fundación Cris en beneficio da Unidade Cris de Investigación e Terapias Avanzadas en Cancro Infantil no Hospital La Paz.
COLGANTE SOLIDARIO

BOLSA DE TEA

CALENDARIO SOLIDARIO 2022

PULSEIRAS E COLGANTES SOLIDARIOS COMO AGASALLOS DE VODA, BAUTIZOS E COMUNIÓNS
Personalizamos as pulseiras e colgantes solidarios de ACEM, para facer agasallos de voda, comunións ou bautizos.
As pulseiraspara vodas, comunións e bautizos ao ser personalizadas son as 2,50 euros. Os colgantes a 5,50 euros.

Contacta connosco en:
981 575 240 – 620 533 471 – acem.santiago@gmail.com.