Actualidade

ACEM recibe a doazón polo evento “Estrelas no Camiño”

ACEM recibiu na súa sede a entrega do cheque solidario en beneficio da nosa entidade, polo recadado no evento gastronómico “Estrelas solidarias no Camiño” impulsado polo Restaurante Casa Barqueiro.

O acto contou coa participación do presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda e de Rogelio Rial, propietario de Casa Barqueiro.

“Estrelas no Camiño 2022” recadou no evento do pasado 1 de agosto en Negreira 5.200 euros en beneficio de ACEM, que recolleu en representación da entidade a súa presidenta María Teresa González Salvadores.

Todo o noso agradecemento ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola súa visita a ACEM e a súa mensaxe: “Orgulloso e agradecido por poder participar nun acto tan bonito: promocionar Galicia e a súa magnífica gastronomía e ao mesmo tempo axudar a darlle visibilidade a asociacións tan importantes para as persoas como ACEM.”

E moi especialmente grazas ao Restaurante Casa Barqueiro e en particular aos irmáns Rogelio e Fran Rial, por promover esta cita tan notoria e solidaria. A Manuel Costiña por impulsar a nosa causa e darnos visibilidade. A todxs xs chefs estrelas michelín que se suman ao evento cada ano. Aos patrocinadores de “Estrelas Solidarias no Camiño”: Turismo de Galicia, e en particular a Marta Fernández Vázquez, directora d Centro Superior de Hostelería de Galicia por acompañarnos na cita; a Galicia Calidade, Xacobeo 21-22, a Estrella Galicia e a todos os colaboradores que fan posible este evento gastronómico solidario tan importante.


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *