Actualidade

Adeus a Dositeo Rodríguez

O pasado 26 de marzo o coronavirus cobrábase a vida de Dositeo Rodríguez. Todos os socios, traballadores e directivos da Asociación sentimos moito o seu falecemento; con el vaise un dos nosos principais alicerces.

Dositeo Rodríguez, Presidente de Honra da nosa asociación, adicou parte da súa vida a crear e dar sustentabilidade a un centro adicado a mellorar a calidade de vida das persoas que padecen Esclerose Múltiple, así como a dos seus familiares e coidadores. Sen el, A.C.E.M. non tería capacidade para ser o que hoxe é: un centro que leva vinte e cinco anos prestando unha rehabilitación integral aos afectados por esta doenza.

Dositeo, xunto á súa muller, Carmela, traballaron para que os pacientes de Esclerose Múltiple tivesen, e teñan, un lugar ao que acudir para mellorar as súas vidas. E é por iso polo que Dositeo Rodríguez terá sempre o noso máis sincero recoñecemento e agradecemento pola súa entrega a este arduo e solidario labor.

En nome da ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE (A.C.E.M.) queremos transmitirlle o noso máis querido e sentido pésame á súa muller e demais familia.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *