Xa dispoñibles as sesións online dos servizos
Estimados socios,
Levamos días traballando para poder ofrecervos os nosos servizos a distancia, da maneira máis eficaz dentro das circunstancias actuais, e así manter -na medida do posible- a vosa rehabilitación dende casa. Non sabemos canto tempo se pode prolongar esta situación e é, como xa sabedes, moi importante que continuedes coas vosas sesións.
Así pois dende o vindeiro LUNS 27 de abril poñemos a vosa disposición online os servizos de FISIOTERAPIA, LOGOPEDIA, PSICOLOXÍA E TERAPIA OCUPACIONAL, dirixidos a todos os socios que o solicitedes.
CARACTERÍSTICAS DO SERVIZOS E DAS SESIÓNS:
- Solicitude de cita: Para poder desfrutar dos servizos mencionados hai que solicitar cita, tal e como viñamos facendo para as citas presenciais. As citas pódense solicitar vía telefónica nos teléfonos 981 575 240 / 620 533 471 ou por correo electrónico a acem.santiago@gmail.com. As citas estarán suxeitas -coma sémpre- a dispoñibilidade.
- Horario dos servizos:
- Fisioterapia: De luns a venres de mañá e mércores tamén á tarde.
- Logopedia: Martes, mércores, xoves e venres de mañá.
- Atención psicolóxica: Martes, mercores e xoves de mañá.
- Terapia ocupacional: Martes e xoves á mañá.
- A duración de cada sesión é de 45 minutos.
- As sesións son individuais e personalizadas, á igual que na súa modalidade presencial. Estarán adaptadas ás circunstancias: a profesional guiarávos en todo momento e poderedes interactuar con ela, xa que a plataforma permite a comunicación permanente co usuario durante a sesión.
REQUISITOS TÉCNICOS PARA RECIBIR AS SESIÓNS A DISTANCIA:
- Precisas un dispositivo electrónico (pc, tablet ou smartphone) con conexión a Internet e webcam. Se empregas altavoces no teu equipo escoitarás mellor a sesión.
- Tes que rexístrarte como usuario en Zoom e instalar a aplicación. Non te preocupes, é algo sinxelo e guiarémoste no proceso con este titorial que explica paso a paso como tes que facer.
- Emprega o navegador Google Chrome, Firefox ou Safari. Se non tes ningún deles, descarga Chrome no enlace.
FUNCIONAMENTO DAS SESIÓNS A TRAVÉS DA PLATAFORMA ZOOM
- Unha vez pechada a cita coa asociación, recibirás un enlace á cita por mail xunto cun código para acceder á túa sesión. Chegada o día e a hora da cita, só tes que clicar no enlace que che enviamos e introducir o código. Se precisas máis información, no tercer punto do titorial está explicado ao detalle.
- Que non te asuste a tecnoloxía, é máis sinxelo do que parece: unha vez feito cada cita será como facer unha chamada.
Agardamos que a implantación desta modalidade a distancia dos servizos axude a todos aqueles que queredes e necesitades seguir coa vosa rehabilitación dende a casa.
Xa sabedes que en canto a información, orientación e asesoramento a nosa área de TRABALLO SOCIAL segue prestando atención no horario, teléfonos e correo electrónico habituais. Só tedes que contactarnos para calquera consulta ou necesidade que vos xurda.

Leave a Reply