Actualidade

Máis de 70 persoas beneficiáronse do programa de “Atención social, asesoramento e intervención especializada” de ACEM

  • A actuación estivo encamiñada á intervención psicolóxica para persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson e as súas familias.  
  • O  programa foi posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron “Fines Sociales” na súa declaración da renda

Programa de “Atención social, asesoramento e intervención especializada” en ACEM

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas (ACEM) fai balance do seu programa de “Atención social, asesoramento e intervención especializada”, un servizo moi demandado polas persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson, e polas súas familias.

A actuación deste programa beneficiou en 2023 a 71 persoas, eestivo encamiñada á intervención psicolóxica para persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson e as súas familias: identificar e intervir nos distintos trastornos, proporcionando habilidades para o afrontamento do estrés diario e control da ansiedade; detectar e procurar o cambio de pensamentos, crenzas erróneas e disfuncionais en torno ás enfermidades e as súas implicacións; alentar a expresión de sentimentos, ofrecer apoio, soporte verbal e información; e a mellorar a autoestima e motivar no establecemento e consecución de novas metas.

O programa de “Atención social, asesoramento e intervención especializada” foi posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras (ACEM)

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras (ACEM) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores. Dende 2019 ACEM integra tamén ás persoas afectadas pola enfermidade de párkinson. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública e no 2013 o seu Centro de Rehabilitación Integral declarado de interese municipal.

A ACEM conta con 28 anos de experiencia no colectivo de atención a persoas con discapacidade e dependencia. No seu Centro de Rehabilitación Integral ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector.

ACEM ten coma obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA, e outras enfermidades neurodexenerativas semellantes, así como a dos seus familiares e coidadores. Pertence a COGAMI, FEGADEM e a AEDEMCOCEMFE e é entidade adherida á FEP, Federación Española de Párkinson.

Cartel do programa

Programa de Atención Social, Asesoramento e Intervención Especializada

  • Cofinanciamento: Xunta de Galicia
  • Entidade beneficiaria: COGAMI
  • Entidade executante: ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.  
  • Título do proxecto:  Atención Social, asesoramento e atención especializada I.
  • Título do programa: Atención Social, asesoramento e atención especializada I.
  • Subvención con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF procedente das persoas que marcaron a casilla “Fines Sociales” na súa Declaración da Renda.
  • Subvención xestionada por COGAMI.
  • Convocatoria: Orde do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese Xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.  

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *