Actualidade

D.E.P. Carmela Vázquez Vaamonde

Lamentablemente comunicamos que no día de onte faleceu a fundadora e expresidenta de ACEM, Mª del Carmen Vázquez Vaamonde.

Dende a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) queremos transmitir á familia e amigos de Carmela Vázquez Vaamonde, presidenta de honra da nosa asociación, as nosas máis sentidas condolencias.

Carmela ten sido unha figura moi importante para ACEM: a súa creadora, a súa defensora, o seu piar. Ela conseguiu que os afectados de esclerose múltiple tivésemos unha asociación onde reunirnos para falar e nos encontrar, para nos protexer, nos defender e nos apoiar mutuamente.

Grazas a ela, os socios afectados de esclerose múltiple e outras doenzas neurodexenerativas, podemos enfrontar mellor as dificultades cotiás.Foi tamén fundamental a súa enerxía e visión para a consecución da actual sede de ACEM, un amplo e moderno edificio con instalacións axeitadas para a realización de múltiples actividades de rehabilitación que conforman un verdadeiro Centro de rehabilitación integral.

Fóra do ámbito compostelán, Carmela foi unha das impulsoras da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) e presidenta da Asociación Española (AEDEM) en momentos críticos, permitindo a súa supervivencia.

Déixanos, ademais de lembranzas inesquecíbeis, o seu xeneroso exemplo de dedicación ás persoas con esclerose múltiple. E sempre, en todo momento, con comprensión e cariño.D.E.P.

Carmela Vázquez Vaamonde

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *