Actualidade

148 persoas con Esclerose Múltiple de Santiago e comarca beneficiáronse en 2023 do servizo de Traballo Social grazas á ‘X Solidaria’

  • A actuación enmarcouse dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF e xestionados pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM).
  • AAsociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson e ELA, puido ofrecer o servizo grazas ás subvencións que as persoas contribuíntes derivaron marcando o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’ na declaración da renda.
  • Este servizo tivo como obxectivo  prestar atención, asesoramento e acompañamento ás persoas con Esclerosis Múltiple (EM) e ás súas familias.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas (ACEM) ofreceu este ano o servizo de Traballo Social dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’, mediante o cal, un total de 148 persoas se beneficiaron del no ano 2023.

Dito programa foi cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’, a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social. Esta subvención foi xestionada dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) a través do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’.

A través do servizo de Traballo Social, ACEM ofrece atención, asesoramento e acompañamento tanto das persoas afectadas como das súas familias.  Un servizo fundamental por ser o primeiro contacto coa asociación para as persoas afectadas de esclerose múltiple e para os seus familiares ou referentes. A profesional informa sobre os servizos e actividades existentes no centro, así como do seu funcionamento, atendendo ás necesidades e demandas das persoas usuarias. 

ESCLEROSE MÚLTIPLE

A Esclerose Múltiple é unha das enfermidades máis comúns do sistema nervioso central que afecta en España a máis de 47.000 persoas, sendo Galicia o área con a prevalencia máis alta habendo na actualidade máis de 4.000 persoas diagnosticadas. A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do Sistema Nervioso Central.

Os síntomas temperáns máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formigueos, entumecementos, vértixes e mareos, debilidade muscular, espasmos e problemas de equilibrio e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son ‘invisibles’, pero inciden no día a día destas persoas. A incapacidade que provoca caracterizase por trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañada de outras alteracións coma ansiedade e depresión.

ACEM

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas é  unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.

ACEM conta con máis de 25 anos de experiencia no colectivo de atención a persoas con discapacidade e dependencia. No seu Centro de Rehabilitación Integral ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector.

ACEM ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple, así como a dos seus familiares e coidadores. Pertence a COGAMI, FEGADEM e a AEDEM-COCEMFE.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *