Actualidade

A EXCLUSIVA CAIXA “COSTIÑA CHOCOLAT”, O AGASALLO SOLIDARIO DESTE NADAL PARA COLABORAR CON ACEM

De produción limitada e artesanal, con cacao trazable e sostible, Costiña Chocolat é o agasallo solidario perfecto para este Nadal que, ademais, vai satisfacer aos padais máis esixentes.

Cun prezo especial de 10 € cada caixa de Costiña Chocolat, o 50% do importe está destinado a ACEM, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, unha entidade sen ánimo de lucro que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esclerose múltiple, párkinson e outras enfermidades neurodegenerativas.

Para colaborar e reservar as caixas hai dúas formas: vía e mail a acem.santiago@gmail.com ou a través dos teléfonos 981575240 ó 620533471.

Estas pequenas pezas de chocolate, realizadas a man una a unha, naceron hai dous anos como resposta á situación creada pola pandemia. O éxito alcanzado por ese pequeno doce derivou nunha caixa gourmet que acollía as Costiña Chocolat, baixo cuxa delicada aparencia esconde un sabor puro a cacao e notas intensas.

Son catro tipos de rocas de chocolate que se diferencian no toste do cacao: chocolate branco, con leite, blond ou caramelo e negro, de cacao cento por cento trazable e sostible.

COSTIÑA BLANC. Notas de vainilla perfuman finas láminas de paillete que, mesturados con chocolate branco procedente de África Occidental, apostan un intenso sabor a nata perfumada de vainilla.

COSTIÑA LAIT. Auténtico sabor a caramelo sobre unha cobertura de chocolate con leite ao 38% e unha punta de sal.

COSTIÑA BLOND. Unha cor ámbar e dourada agocha un excitante sabor a leite, que son as súas notas lácteas torradas, reálzase sobre os intensos sabores a galleta e manteiga.

COSTIÑA NOIR. A cobertura de chocolate negro procedente de Costa do Marfil e representa o equilibrio perfecto entre a acidez e o amargor do cacao, realzado con notas florais.

As Costiña Chocolat só se comercializan desde outubro a xaneiro.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *