Actualidade

Grazas a quenes marcaron X Solidaria máis de 50 persoas beneficiáronse do servizo de Traballo Social en ACEM

O servizo é posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron “Fines Sociales” na súa declaración da renda, e é xestionado dende FEGADEM.


Servizo de Traballo Social en ACEM

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple puido ofrecer nos meses de xaneiro e febreiro o servizo de Traballo Social, dentro do Programa de apoio aos programas de rehabilitación integrais das persoas con EM das asociacións federadas da Federación Galega de Esclerose Múltiple, FEGADEM.

Un servizo dirixido ás persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson, que ten un papel fundamental na atención, asesoramento e acompañamento tanto ás persoas afectadas como ás súas familias.

Porque o servizo de Traballo Social é o primeiro contacto na asociación para as persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson, e para os seus familiares ou referentes. A profesional informa sobre os servizos e actividades existentes no centro, así como do seu funcionamento, atendendo ás necesidades e demandas das persoas usuarias.

Máis de 50 persoas beneficiáronse deste servizo de Traballo Social nos meses de xaneiro e febreiro grazas ao cofinanzamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende FEGADEM, a Federación Galega de Esclerose Múltiple, a través do ‘Programa de apoio aos programas de rehabiltación integrais das persoas con EM das asociacións federadas’.

Servizo de Traballo Social en ACEM

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *