Webinar: «Esclerose Múltiple e COVID-19»
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A. C.E.M.) organizou este mércores, grazas á colaboración de Merck, un webinar sobre «Esclerose Múltiple e COVID-19».
Este mércores 30 de setembro tivo lugar dende ACEM e de maneira online o webinar “Esclerose Múltiple e COVID-19”, patrocinado por Merck.

«ESCLEROSE MÚLTIPLE E COVID-19» foi un seminario en liña no que participou o Doutor José María Prieto González, xefe de neuroloxía do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía, para abordar as recomendacións e o manexo de pacientes con Esclerose Múltiple en relación á COVID-19.

No webinar interviron ademais a presidenta da Asociación, María Teresa González Salvadores, que achegou o papel de ACEM ante a crise sanitaria, a partir da atención e readaptación dos servizos do centro de rehabilitación integral.

Pola súa banda, a socia de ACEM Marta Álvarez García, relatou en primeira persoa e nunha emotiva intervención a realidade dos pacientes con esclerose múltiple ante o confinamento.

Leave a Reply