ACEM asina convenio de colaboración co Concello de Santiago
Hoxe ACEM asinou o convenio de colaboración co Concello de Santiago, destinado a financiar o noso programa de rehabilitación fisioterapéutica. O noso sincero agradecemento ao Concello de Santiago polo seu apoio e contribución.

🔹 O PROGRAMA DE REHABILITACIÓN FISIOTERAPÉUTICA de ACEM fai fincapé na prevención, prognóstico e tratamento dos déficits presentados na persoa doente como resultado da patoloxía diagnosticada (Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras semellantes). Trátase de doenzas crónicas e dexenerativas, polo que as persoas afectadas precisan dunha atención rehabilitadora de xeito continuado.
A finalidade é axudar a recuperar, sempre que sexa posible, e/ou manter o máximo nivel posible de funcionalidade e independencia, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por estas doenzas neurodexenerativas.

📸 Concello de Santiago. Na foto, representantes das entidades sociais asinantes de convenios de colaboración: ACEM, Asociación ASPAS, Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, Asociación Itinera Voluntarios en Saúde Mental, Asociación Fonte da Virxe, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais Mila Castro.
Leave a Reply