ACEM asina o convenio co Concello de Santiago
O convenio de colaboración está destinado a apoiar o desenvolvemento do programa de rehabilitación fisioterapéutica de ACEM.
O sincero agradecemento de ACEM ao Concello de Santiago polo seu apoio á nosa entidade.
A sinatura do convenio foi conxunta con outras entidades sociais.

Fundación Secretariado Xitano, ASPAS e Asociación Fonte da Virxe.
Foto: Concello de Santiago.
ACEM asinou esta ma´ñá no Pazo de Raxoi o convenio de colaboración co Concello de Santiago, destinado a apoiar o desenvolvemento do noso programa de rehabilitación fisioterapéutica. Na sinatura do convenio estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, e Teresa González Salvadores, presidenta de ACEM.
O convenio apoiará con 9.000 euros o “Programa de rehabilitación fisioterapéutica“. A finalidade é abordar e xeito integral os síntomas físicos que sofren as persoas diagnosticadas de enfermidades neurodexenerativas, especialmente a Esclerose Múltiple e a Enfermidade de Párkinson a través dun deseño personalizado do plan de rehabilitación e formación para as persoas doentes e os seus familiares.

Leave a Reply