Actualidade

Problemas Urolóxicos na Esclerose Múltiple

Algunhas persoas que padecen EM teñen síntomas no tracto urinario e alteracións sexuais polo compoñente neurolóxico da EM. Para entender mellor como se produce esta disfunción hai que entender como funciona de maneira normal o ciclo de micción.

Na Esclerose Múltiple pódense dar alteracións como vexiga neuróxena, disfunción vesical, ou unha combinación de ambas. Estas alteracións pódense producir por alta ou baixa actividade da vexiga e é variable en cada persoa afectada.

As manifestacións clínicas máis frecuentes son:

  • Urxencia ou ter a necesidade de ir ouriñar coa sensación de que a ourina non se pode conter.
  • Polaquiuria ou aumento da frecuencia do desexo de ouriñar.
  • Nicturia ou aumento da frecuencia da necesidade de ouriñar pola noite.
  • Incontinencia ourinaria ou perda do control sobre o lugar e o momento de iniciar a micción.
  • Dificultade para iniciar a micción, a pesar de ter a sensación de ter ganas de ouriñar.
  • Incontinencia de rebosamento ou “goteo de ouriños” non relacionados co esforzo, que pode ser provocado por unha vexiga distendida e demasiado chea.
  • Sensación de micción incompleta unha vez terminada a micción voluntaria, que non se baleirou a vexiga por completo.
  • Fluxo débil de ouriños, o fluxo é moi fino e lento.

O control dos síntomas conséguese máis facilmente cando se tratan a tempo. Se lle reportas algún destes síntomas ao teu neurólogo/a o máis probable é que che envíe a un recoñecemento urolóxico para determinar o problema e poder tratalo.

A vexiga neurógena pode ser:

  • Flácida: unha vexiga flácida non se contrae polo que se enche ata sobordar. Entón a urina gotea.
  • Espástica: o/a paciente ten contraccións vesicais involuntarias e percibe a necesidade de ouriñar, mesmo cando hai pouca cantidade ou nada de ouriños na vexiga. Normalmente, as contraccións prodúcense de forma descoordinada co músculo que pecha a abertura da vexiga ( esfínter urinario).
  • Mixta: o/a paciente presenta elementos tanto da vexiga flácida como da espástica.

Este tipo de problemas urolóxicos poden dar lugar tamén a infeccións urinarias (infeccións do tracto urinario, ITU). Unha boa forma de previr as infeccións é beber abúndante auga, xa que axuda a limpar e impide que as bacterias ascendan e se reprodúzan, e tratar de conseguir un vaciamiento o máis completo posible da vexiga en cada micción. A hixiene tamén é un factor importante á hora da prevención. A uretra (sobre todo nas mulleres) está moi preto do ano e está máis exposta a contaminarse coas feces. As ITU son moi comúns nas persoas con EM, e é moi importante tratalas para evitar que estas infeccións provoquen unha exacerbación ou crise de EM.

Para unha persoa con dependencia, a aparición da incontinencia urinaria representa unha perda de autonomía moi importante ademais de xerar unha diminución da súa autoestima. Ás veces, a situación degenera en problemas de relación persoal e nunha limitación á hora de facer actividades.

Se queres saber máis sobre estes problemas podes consultar estas ligazóns, pero, LEMBRA QUE OS TEUS MÉDICOS SON AS PERSOAS MÁIS ADECUADAS PARA AXUDARCHE.

Problemas urinarios en la EM. Somos EM

http://somosem.com/2016/02/09/problemas-urinarios-en-la-em/

Control urinario y de esfínteres (manual en pdf). EM aspectos fisiológicos 3. FELEM

https://www.esclerosismultiple.com/pdfs/Comprender%20la%20EM/EM,%20CONTROL%20URINARIO%20Y%20DE%20ESFINTERES.pdf

Controlando los Problemas de la Vejiga en la Esclerosis Múltiple (manual en pdf). National  Multiple Sclerosis Society

http://www.nationalmssociety.org/NationalMSSociety/media/MSNationalFiles/Brochures/Brochure-Problemas-de-la-Vejiga.pdf

Complicaciones urológicas en EM. Asociación de EM de Madrid

Cateterismo intermitente en la la vejiga neurógena. Guía para pacientes y cuidadores. FUNDACIÓN

Autocateterismo en pacientes de Esclerosis Múltiple

Manuales MSD

https://www.msdmanuals.com/es-es/hogar/trastornos-renales-y-del-tracto-urinario/trastornos-de-la-micción/vejiga-neurógena

Incontinencia urinaria en pacientes con esclerosis múltiple: el BOTOX a dosis bajas podría ser efectivo. InfoTITI

https://infotiti.com/2018/08/incontinencia-urinaria-en-pacientes-con-esclerosis-multiple/

Esclerosis Múltiple Euskadi

http://www.esclerosismultipleeuskadi.org/infecciones-urinarias-en-esclerosis-multiple/

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *