250 nenas e nenos participaron na campaña “Cores para a esclerose” de ACEM con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose Múltiple
- A campaña desenvolveuse durante un mes con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose múltiple (30 de maio de 2021), contou coa colaboración dos Concellos de Santiago, Ames, Teo, Brión e Oroso e da empresa Alcampo.
- ACEM obtivo o respaldo da comunidade educativa, recibindo 250 debuxos.
- Os debuxos gañadores do concurso pertencen a alumnado de CEIP Agro do Muiño de Ames, do CRA de Oroso e do CPR La milagrosa de Santiago.
- Os doce debuxos finalistas formarán parte dun calendario solidario e todos os debuxos forman parte xa dunha exposición en ACEM.
- Os cinco concellos colaboradores alumearan as fachadas de distintas cores este domingo, Día Mundial da Esclerose Múltiple, con motivo da campaña Cores para a Esclerose.

Este xoves ás 17hrs. tivo lugar na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) o acto de peche da campaña “Cores para a esclerose”, unha campaña de concienciación, divulgación e visibilización da enfermidade nos centros de educación primaria de Santiago e a súa contorna, que ACEM levou a cabo durante este mes con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose Múltiple (30 de maio de 2021).
A campaña “Cores para a esclerose” concretouse nunha presentación didáctica na aula e nun concurso de debuxo no que puido participar o alumnado de primaria dos centros educativos que se adheriron á campaña.
O acto de peche da campaña abriuno a presidenta de ACEM, Mª Teresa González Salvadores, que lembrou os obxectivos de visibilizar a enfermidade entre o alumnado e traballar na educación primaria valores como a empatía, a inclusión a diversidade e a solidariedade. Teresa González destacou a extraordinaria participación na campaña por parte dos centros educativos, ao recibir 250 debuxos de centros educativos de todos os concellos implicados: Santiago, Ames, Oroso, Teo e Brión.

A presidenta de ACEM quixo agradecer o compromiso dos centros educativos que fixeron o esforzo de incluir esta actividade na súa axenda para sumarse á campaña Cores para a esclerose: o CEIP Pío XII e o CPR La Milagrosa de Santiago, o CEIP do Camiño Inglés, o CEIP de Sigueiro e o CRA de Oroso; o CEIP Agro do Muiño de Ames; o CRA de Teo, e o CEIP de Pedrouzos.

No acto de peche desta campaña e entrega de premios do concurso de debuxo participaron tamén os concelleiros de Políticas e Servizos Sociais de case todos os concellos colaboradores: Luisa Feijoó edil de Ames, Ignacio Iglesias de Teo, Isabel Fernández de Oroso e María Rosa Romero de Brión.
Tampouco quixo faltar a cita Juan Rodríguez Castro, o director do hipermercado Alcampo de Santiago, empresa colaboradora da campaña que quixo sumarse á mesma contribuindo cos premios do concurso de debuxo.

O premio para cada unha das categorías consistiu nun lote composto por unha tablet cortesía da empresa Alcampo, un libro, unha bolsa de tea e unha pulseira solidaria da Asociación, lapis externo, e material escolar.
Entrega de premios
Persoas afectadas pola enfermidade socias de ACEM foron as encargadas de facer a entrega de premios ás autoras e ao autor dos debuxos premiados.
A gañadora na categoría A (1º e 2º de primaria) foi Sofía Viqueira Rey do CRA de Oroso (Oroso) que recibiu o premio das mans de Tomás Díaz, acompañada do mestre Javier Rivas.

A gañadora na categoría B (3º e 4º de primaria) foi Elsa Villanueva Giao, do CEIP Agro do Muiño (Ames), que recolleu a premio das mans de Vicente Pose, acompañada pola directora do colexio Mari Carmen Liñares.

O gañador na Categoría C (5º e 6º de primaria) foi Pablo Castro Bueno do CPR La Milagrosa (Santiago), que recolleu o premio acompañado do director do colexio Luis das mans de Teresa González, afectada e presidenta de ACEM.

Os doce finalistas
Entre os doce finalistas dos 250 debuxos recibidos hai representantes de todos os concellos e estes debuxos formarán parte dun calendario solidario.
Categoría A: 1º e 2º de Primaria.
- Sofía Viqueira Rey. CRA de Oroso (Oroso) Gañadora.
- Mara Otero Noriega. CRA de Teo. (Teo)
- Iago Rilo Hermida. CEIP do Camiño Inglés (Oroso).
- Carme Vallecillo Figueiras. CEIP Pedrouzos. (Brión).
Categoría B: 3 e 4º de Primaria.
- Elsa Villanueva Giao. CEIP Agro do Muiño (Ames). Gañadora.
- Cibrán Rey Castromil. CPR La Milagrosa (Santiago).
- Alicia Fernández Fuentes. CEIP Sigüeiro (Oroso).
- Nicolás Fernández Puente. CEIP do Camiño Inglés (Oroso).
Categoría C: 5º e 6º de Primaria.
- Pablo Castro Bueno. CPR La Milagrosa (Santiago). Gañador.
- Adara Soto Vidal, CEIP Pío XII (Santiago).
- Lucía Otero Vigo, CEIP do Camiño Inglés (Oroso)
- María Colinas Bello, CEIP Sigüeiro (Oroso).




Leave a Reply