O programa de “Atención social e asesoramento especializado” de ACEM beneficiou este ano a 75 persoas
- O programa é posible grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron “Fines Sociales” na súa declaración da renda.
- As actuacións deste asesoramento especializado van encamiñadas á intervención psicolóxica para persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple pecha o ano cun máximo de beneficiarios no seu programa de “Atención social e asesoramento especializado”, un servizo moi demandado polas persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson, e polas súas familias.
Este ano foron 75 as persoas que se virón beneficiadas do servizo de “Atención social e asesoramento especializado”, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

Programa de “Atención social e asesoramento especializado” en ACEM coa psicóloga Silvia Tubío Laiño
As actuacións deste asesoramento especializado van encamiñadas a intervención psicolóxica para persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson e as súas familias: identificar e intervir nos distintos trastornos, proporcionando habilidades para o afrontamento do estrés diario e control da ansiedade; detectar e procurar o cambio de pensamentos, crenzas erróneas e disfuncionais en torno á enfermidade e as súas implicacións; alentar a expresión de sentimentos, ofrecer apoio, soporte verbal e información; e a mellorar a autoestima e motivar no establecemento e consecución de novas metas.
As persoas socias de ACEM interesadas neste servizo poden contactar coa asociación: nos teléfonos 981 575 240 – 620 533 471 e no mail acem.santiago@gmail.com.
Programa de Atención Social e asesoramento especializado
- Cofinanciamento: Xunta de Galicia
- Entidade beneficiaria: COGAMI
- Entidade executante: ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.
- Título do proxecto: Atención Social e asesoramento especializado.
- Título do programa: Atención Social e asesoramento especializado.
- Subvención con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF procedente das persoas que marcaron a casilla “Fines Sociales” na súa Declaración da Renda.
- Subvención xestionada por COGAMI.
- Convocatoria: Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Leave a Reply