A ‘X Solidaria’ permite a ACEM dar continuidade ao servizo de Traballo Social para persoas con Esclerose Múltiple
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple ten en marcha o ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF e xestionado a través de FEGADEM.
A subvención permite á A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple a contratación dunha profesional para Traballo Social para atender, asesorar e acompañar ás persoas con EM co fin de mellorar a súa calidade de vida.
Grazas a esta axuda, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) pode manter e mellorar este ano os seus servizos psicosociais e rehabilitadores.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple ofrece, dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), o servizo de Traballo social co fin de prestar atención, asesoramento e acompañamento ás persoas con Esclerosis Múltiple (EM) e ás súas familias.
A través do servizo de Traballo Social, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple ofrece atención, asesoramento e acompañamento tanto das persoas afectadas como das súas familias. É un servizo fundamental, xa que é o primeiro contacto na asociación para as persoas afectadas de esclerose múltiple e para os seus familiares ou referentes. A profesional informa sobre os servizos e actividades existentes no centro, así como do seu funcionamento, atendendo ás necesidades e demandas das persoas usuarias.
A contratación dunha profesional para o servizo de Traballo Social -do que se prevé se beneficien 120 persoas– quedará cuberta grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos del 0,7% do IRPF da declaración da Renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeneral consideradas de interese social”; os cales son xestionados por FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple) a través do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ .

Leave a Reply