Programa de Traballo Social, Asesoramento xurídico e coordinación interdisciplinar de ACEM
Grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, ACEM pudo desenvolver en 2023 o “Programa de Traballo social, Asesoramento xurídico e Coordinación Interdisciplinar”.
A través da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2023 (FOCVAA), ACEM levou a cabo o Programa de Traballo Social, asesoramento xurídico e coordinación interdisciplinar, que ten como obxectivos específicos:
- Ofrecer información, orientación e asesoramento sobre a enfermidade e os recursos existentes na contorna.
- Sensibilizar á poboación en xeral sobre as doenzas neurodexenerativas, e as súas repercusións sociais, sanitarias e económicas.
- Previr situacións de risco e a aparición de trastornos asociados ás doenzas.
- Promover a autonomía persoal e a funcionalidade de persoas afectadas nas actividades da vida diaria.
- Proporcionar un espazo de encontro adecuado ás necesidades das persoas afectadas e as súas familias.
- Apoiar os procesos persoais e/ou familiares de adaptación á enfermidade.
- Ofrecer formación que contribúa a mellorar a calidade de vida tanto das persoas afectadas como das súas familias e persoas coidadoras.
- Promover a participación social das persoas afectadas na contorna.
- Ofrecer apoio e un tempo de respiro concienciando a persoas coidadoras e familias da importancia de coidarse para poder coidar.
- Coordinar o equipo de profesionais.
- Asistencia xurídica e xudicial nos procesos de discapacidade, incapacidade laboral e/ou procesos civís de capacitación.
- Potenciar a participación social en distintas actividades e servizos, contribuíndo a favorecer as relacións interpersoais e o aumento de redes.
PROGRAMA DE TRABALLO SOCIAL, ASESORAMENTO XURÍDICO E COORDINACIÓN INTERDISCIPLINAR
- Proxecto financiado pola Deputación da Coruña- FOCVAA/2023
- Importe concedido: 32.800 euros.
- Porcentaxe de financiamento: 79%
Leave a Reply