Actualidade

Doazón de Compostela Solidaria a ACEM

Compostela Solidaria entregou un cheque de 5.499’68 euros a ACEM polo recadado no seu VI Concerto Solidario


O presidente de Compostela Solidaria, Luis Rivero de Aguilar fai entrega do cheque a Vicente Pose Souto, tesoureiro de ACEM.

Hoxe a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple recibiu unha visita moi especial, a da asociación Compostela Solidaria, que viu facer entrega á nosa entidade dun cheque co recadado no seu VI Concerto Solidario celebrado o pasado 25 de novembro no auditorio do Colexio La Salle, e ao que asistiron máis de 600 persoas.

O presidente de Compostela Solidaria, Luis Rivero de Aguilar, fixo entrega do cheque por valor de 5.499,68 euros a Vicente Pose Souto, tesoureiro de ACEM, que o recolleu en representación da Xunta Directiva. Participaron na entrega outros membros de Compostela Solidaria: o vicepresidente Carlos Nieves, Dolores Cela e Mariely Fernández Zanca.

Os membros de Compostela Solidaria aproveitaron a visita para coñecer as instalacións da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple e compartir coas persoas afectadas e co equipo sociosanitario de ACEM.

Dolores e Mariely de Compostela Solidaria con Vicente, afectado de esclerose múltiple e tesoureiro de ACEM
Membros de Compostela Solidaria con parte do equipo sociosanitario e con Vicente Pose (ACEM)

Todo o noso agradecemento a Compostela Solidaria polo labor que desenvolve en prol das persoas máis vulnerables.

A ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE

Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.

No seu Centro de Rehabilitación Integral A.C.E.M. en Santiago ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector. Entre os servizos que ofrece atópase a atención sociosanitaria, con fisioterapia, logopedia, intervención psicolóxica en esclerose múltiple, terapia ocupacional e traballo social. A asociación realiza ademais outras actividades como pilates, golf adaptado, obradoiros, e xornadas e accións de divulgación e concienciación sobre a esclerose múltiple.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *