Actualidade

Charla online en ACEM: Soporte terapéutico e cans de asistencia

O pasado venres 23 de outubro ás 12hrs. tivo lugar dende ACEM a interesante charla onlineSOPORTE TERAPÉUTICO E CANS DE ASISTENCIA”, coa educadora canina María Sabell, de Só lles falta falar.

o pasado venres tivemos unha visita especial: a de María Sabell, adestradora canina, e o seu can Teixo; e moito aprendimos deles!

Teixo é un can de soporte terapéutico físico que presta servizo sobretodo na Fundación Down. Na charla online de hoxe sobre “Soporte terapéutico e cans de asistencia” María explicou e amosou con Teixo a funcionalidade que teñen estes cans para persoas dependentes.

María Sabell forma parte do rexistro de adestradores de cans co nro. CCA-D-078 e é parte da asociación Só lles falta falar.

Só lles falta falar é unha asociación sen ánimo de lucro para fomentar a tenencia responsable dos cans a través da súa educación e o adestramento útil para a sociedade. 

Para máis información sobre “Só lles falta falar” e sobre soporte terapéutico e cans de asistencia, podedes contactar con eles: www.cans.gal#

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *