Actualidade

ACEM presenta a campaña solidaria “Móvete en taxi pola esclerose”

“Móvete en Taxi pola Esclerose” é unha campaña promovida pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple que conta coa colaboración do Concello de Santiago e dos principais colectivos de taxis da cidade: Radio Taxi Compostela, Ames e Teo, e TeleTaxi Compostela.

Máis de 150 taxistas da cidade súmanse á visibilización desta doenza e levarán durante un ano nos taxis vinilos co lema e pulseiras solidarias para a súa venda.

A finalidade é recadar fondos para a posta en marcha dun ximnasio no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM.

Con motivo do seu 25 aniversario, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) presentou este mediodía unha campaña solidaria sen precedentes “Móvete en taxi pola esclerose”, en colaboración co Concello de Santiago e cos colectivos de taxis da cidade: Radio Taxi Compostela, Ames e Teo, e TeleTaxi Compostela.  Na rolda de prensa de presentación participaron Milagros Castro, concelleira de Políticas Sociais; Teresa González Salvadores, presidenta de ACEM; Jesús García, presidente de Radio Taxi Compostela, Ames e Teo, e Jesús Pena, presidente de TeleTaxi Compostela.

Baixo o lema “Móvete en taxi pola esclerose” máis de 150 taxistas da cidade súmanse á visibilización desta doenza e levarán nos taxis pulseiras solidarias para a súa venda. A campaña desenvolverase durante un ano, dende hoxe ata o 30 de maio de 2021 -Día Mundial da Esclerose Múltiple-, na que os taxistas farán entrega a ACEM dun cheque solidario co recadado.

Baixo o lema “Móvete en taxi pola esclerose” máis de 150 taxistas da cidade súmanse á visibilización desta doenza e levarán nos taxis pulseiras solidarias para a súa venda. A campaña desenvolverase durante un ano, dende hoxe ata o 30 de maio de 2021 -Día Mundial da Esclerose Múltiple-, na que os taxistas farán entrega a ACEM dun cheque solidario co recadado.

Teresa González, presidenta de ACEM, explicou o dobre obxectivo desta campaña que -por un lado- pretende visibilizar e concienciar sobre a esclerose múltiple, e -polo outro-, recadar fondos para a posta en marcha dun ximnasio no Centro de Rehabilitación Integral da Asociación.

A presidenta destacou a necesidade da Asociación de poder contar cun ximnasio “para reforzar o servizo de fisioterapia e ser ademais un punto de socialización entre as persoas afectadas, onde poder compartir as doenzas e aprender a sobrelevalo”.

ACEM agradeceu a colaboración do Concello de Santiago en particular á Concellería de Políticas Sociais e á súa concelleira Milagros Castro Sánchez, e á Concellería de Mobilidade e ao seu concelleiro Gonzalo Muiños.

A concelleira de Políticas Sociais, Milagros Castro, sinalou que “ACEM é unha asociación emblemática de Santiago coa que sémpre estamos encantados de colaborar. Dende o primeiro momento vimos nisto unha iniciativa estupenda: Agardo que se vendan moitas pulseiras para que se podan recadar os fondos necesarios para por en marcha o ximnasio e mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta doenza”.

Asimesmo, Teresa agradeceu a disposición e a boa acollida que esta campaña tivo en todo o colectivo do taxi da cidade, representado nas súas dúas principais asociacións: Radio Taxi Compostela, Ames e Teo e TeleTaxi Compostela. Un agradecemento en particular para os seus presidentes, Jesús García e Jesús Pena respectivamente.

Jesús García, presidente de Radio Taxi Compostela, Ames e Teo destacou a implicación do sector do taxi coa causa:  “vamos a conseguir ese obxectivo para a esclerose e para as outras doenzas que se atenden na Asociación. Nós apoiamos co noso graniño de area, e notamos que a xente á lle xa lle falamos da campaña tamén quere colaborar, para que entre todos consigamos os fondos necesarios”.

Jesús Pena, presidente de Tele Taxi Compostela destacou a boa acollida da campaña por parte dos seu colectivo “a un proxecto que tampouco nos implica un esforzo extraordinario e que é para un fin tan interesante como éste, ademáis de que as pulseiras son preciosas”. 

MÁIS DE 150 TAXISTAS PARTICIPAN DESTA CAUSA SOLIDARIA

Móvete en taxi pola esclerose é unha campaña sen precedentes, que consegue aunar á totalidade do sector do taxi dunha cidade nunha causa solidaria de carácter local. Nela participan máis de 150 taxistas de Santiago e comarca que a través dun vinilo identificativo da campaña contribúen a visibilizala a pé de rúa, ademáis de facilitar que quenes viaxen en taxi aporten a súa solidariedade a cambio dunha pulseira.  

BENEFICIOS DA CAMPAÑA 

Con esta iniciativa preténdese buscar un beneficio concreto para os pacientes e familias de esclerose múltiple de Santiago de Compostela e comarca. De xeito que os veciños usuarios dos taxis entendan que co donativo da pulseira contribúen a mellorar a calidade de vida dos seus ‘veciños’, xa que os fondos recadados están destinados á habilitación dun ximnasio co seu equipamento.

Un logro que resultará tamén beneficioso para os afectados de párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas, posto que a Asociación integra xa a pacientes con diversas patoloxías neurodexenerativas que fan uso dos seus servizos. 

PULSEIRAS DOBREMENTE SOLIDARIAS

Teresa González fixo referencia tamén a orixe inspiradora da campaña “Móvete en taxi pola esclerose: “contactamos coa impulsora dunha campaña particular de venta de pulseiras en taxis, Eva Torres Nadales, a secretaria técnica da Federación Andaluza de Autonómos do Taxi, que as elaboran en beneficio da investigación do cancro infantil, e nos apoiou dende o principio”.  Ese xesto particular serviu de xérmolo para crear algo moito maior, que neste caso conta coa colaboración do Concello de Santiago e con todo o colectivo de taxis da cidade.

A presidenta tamén destaca que “Posto que a iniciativa solidaria parte dos propios pacientes con esclerose múltiple, gustaríanos que foran eles mesmos os que elaboraran as pulseiras, pero isto non sémpre é posible debido a que o deterioro físico afecta en moitos casos ás súas mans: feito en sí mesmo que constitúe un xeito de visibilizar a incapacidade que produce esta enfermidade”.

Por este motivo, as pulseiras solidarias que se poñen á venda nos taxis son adquiridas externamente ás taxistas autónomas que inspiraron esta campaña e que as elaboran en beneficio da Unidade Cris de Investigación e Terapias Avanzadas en Cancro Infantil no Hospital La Paz, única deste tipo en España. Deste xeito, os axentes implicados nesta campaña contribuen tamén solidariamente a esa causa.  

VISIBILIZACIÓN ENTRE OS VISITANTES EXTRANXEIROS

A campaña ten en conta tamén a  habitual presenza de turistas extranxeiros na cidade, de aí que un dos vinilos dos taxis figure en inglés na súa cara interior: “Take a taxi for sclerosis”. Adaptou ademáis o folleto a esta lingua para que a campaña chegue aos visitantes internacionais.  

Se tes que desprazarte, lembra que podes moverte en taxi e adquirir nel a túa pulseira solidaria. Contribuirás a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de esclerose múltiple da túa zona.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *