Actualidade

Traballo social e participación

Grazas ao financiamento da Deputación da Coruña foi posible desenvolver este servizo en 2022

Quen se achega a ACEM tras un diagnóstico faino con moitos medos e dúbidas, por iso a acollida é fundamental. E diso se encarga a profesional de Traballo Social, que é un dos piares da asociación, cuxo servizo vertebra toda a intervención sociosanitaria.

Servizo de Traballo Social en ACEM

Grazas ao financiamento da Deputación da Coruña foi posible desenvolver este servizo en 2022, a través do programa “Traballo Social e Participación“. A intervención canaliza as demandas, as necesidades e os centros de interese das persoas afectadas e das súas familias, acorde tanto a situación particular de cada persoa, como coa fase evolutiva da enfermidade, o ciclo vital e o estado emocional; todo elo dende unha perspectiva interdisciplinar.

Traballo Social e Participación

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *