ACEM asina convenio co Concello de Santiago
O convenio de colaboración está destinado a financiar o noso programa de rehabilitación fisioterapéutica.
O sincero agradecemento de ACEM ao Concello de Santiago polo seu apoio á nosa entidade.
O pasado 4 de agosto ACEM asinou o convenio de colaboración co Concello de Santiago, destinado a financiar o noso programa de rehabilitación fisioterapéutica. Na sinatura do convenio estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de políticas sociais Mila Castro, e Teresa González Salvadores, presidenta de ACEM.

O convenio subvencionará o “Programa de rehabilitación fisioterapéutica“. Con este programa faise especial fincapé na prevención, pronóstico e tratamento dos déficits presentados na persoa doente como resultado da patoloxía diagnosticada (Esclerose Múltiple, ELA, Parkinson e outras similares). Trátase de doenzas crónicas e dexenerativas, polo que as persoas afectadas precisan dunha atención rehabilitadora de maneira continuada. A finalidade é axudar a recuperar, sempre que sexa posible, e/ou manter o máximo nivel posible de funcionalidade e independencia, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida e benestar das persos que padecen esta doenza.
Leave a Reply