Actualidade

TITORIAL ZOOM PARA AS CITAS DE ACEM ONLINE

Este titorial está feito para axudar aos socios que desexades recibir os nosos servizos sociosanitarios online, e precisades axuda para instalar a aplicación Zoom. Para guiarvos no proceso explicaremos detalladamente cada un dos tres pasos que hai que seguir, e farémolo seguindo a orde:

  1. Rexistro en Zoom
  2. Instalación de Zoom no equipo
  3. Funcionamento das citas con Zoom

1º- REXISTRO EN ZOOM

O primeiro que tes facer é REXISTRARTE EN ZOOM:

Entras na súa páxina web  e aparecerá unha xanela emerxente de cookies, aceptas e continúas. Cando indica que se actualizaron as preferencias daslle a “Cerrar”:

Acepta as cookies e continúa

Terás que introducir teu correo electrónico para o rexistro.  Contamos con que vas empregar o teu correo electrónico habitual, xa que ese será o correo electrónico ao que che mandaremos á invitación para entrar na túa sesión. Se acaso decides empregar outro enderezo electrónico distinto ao que dispoñemos na Asociacion, deberás comunicárnolo.  Introduce pois o correo electrónico e clica xusto ao lado, onde figura  “REGISTRESE, ES GRATUITA”:

Introduce teu correo electrónico e dalle a “Regístrese”

A continuación, para verificación, terás que introducir os datos de nacemento.  Unha vez introducidos, darache a benvida e pedirache que confirmes teu mail:

Confirma o mail
Despois de ver isto tes que revisar teu correo electrónico

Revisa o teu correo electrónico.  Se non atopas o correo electrónico na túa bandeixa de entrada principal, mira na pestaña de  “Promociones” ou en “Spam”. A mensaxe de correo electrónico leva por asunto “Active su cuenta Zoom”.  No corpo do mail daslle a “Activar cuenta”:

Clica “Activa cuenta” no mail que recibas

No proceso de activación de conta, preguntarache se tes estás inscribindo dende un centro educativo, clicarás que NON.  

A continuación, darache novamente unha benvida e terás que cubrir uns datos da conta: Nome, apelidos e o contrasinal da conta coa que accedes.  O contrasinal ten que ter a lo menos unha letra, un número e 8 caracteres como mínimo. Cubres e daslle a Continuar:

Cubre os datos da conta

No paso seguinte é probable que che saia unha xanela emerxente do navegador, na que che pregunta se desexas que garde o contrasinal. Decide en función da privacidade que teñas co disposititivo que vas a empregar: se é só para teu uso ou é de uso compartido con outras persoas.

O seguinte paso que che aparecerá é un paso que podes omitir, premendo antes en “Non son un robot” e despois  “Omitir este paso”:

Podes omitir este paso

Xa estamos rematando, o derradeiro paso tamén podes omitilo e darlle directamente a “Ir a mi cuenta”:

Omite este paso e dalle a “Ir a Mi cuenta”

Listo! A túa conta xa está creada:

A túa conta

Agora imos ao segundo paso: xa só queda instalar a aplicación no equipo, para que sexa máis doado de usar. Este é un paso moi rápido.

2º- INSTALACIÓN DE “ZOOM” NO TEU EQUIPO

Para elo, clica no enlace de descarga da aplicación que figura abaixo, en función do dispositivo onde vaias a instalar o programa, o que vaias a usar para as túas citas.

Para tablets e teléfonos móbiles:

Iniciando a descarga de Zoom

Clicando no archivo .exe descargado, Zoom pedirache (como en calquera outra instalación de programa) facer cambios no equipo, e aceptas. Comezará a instalación, que levará só uns segundos:

Instalando a aplicación

Finalizada a instalación xa che aparecerá o inicio da aplicación, e para acceder ingresas co teu correo e contraseña:

Inicio da aplicación Zoom
Introduce teu correo electrónico, contrasinal e dalle a ingresar

Entón xa che aparecerá o menú da aplicación, porque xa tes Zoom no teu dispositivo:

Menú da aplicación Zoom

3º- FUNCIONAMENTO DAS CITAS CON ZOOM

Cando peches unha cita coa Asociación, recibirás un mail coma éste:

Mail que recibirás coa cita

Chegado o día e a hora da sesión, tes que clicar no enlace do mail da cita. Se non tes o programa aberto sairache unha xanela emerxente, daslle a “Abrir Zoom Meetings”:

Daslle a “Abrir Zoom Meetings” na xanela emerxente

Solicitará un contrasinal para entrar á cita, é o que figura no mail. Cópiaa e pégaa do mail e listo.

Introduce o contrasinal que figura no mail

Se entras no enlace antes da hora, terás que agardar a que o profesional (denominado anfitrión) inicie a cita e che dea paso. Mentres, podes ir probando o audio do dispositivo no botón que che indica, para comprobar que o tes o volume do micrófono e altavoces do equipo activado, e alto para que te escoite.

Agarda a que o profesional inicie a cita
Igual tes que agardar un par de minutos a que che de acceso


En canto o profesional che de paso xa che aparecerá outra pantalla: nesta non esquezas darlle a opción INICIAR VIDEO (abaixo á esquerda), para que o profesional do servizo poda verte.


En “Iniciar video” habilita o video para que o profesional poda verte

No seguinte paso xa estarías vendo ao profesional e daría comezo a cita.

Se tes que sair da cita por calquera motivo, podes saír dándolle a “salir de la reunión” (abaixo á dereita).

Agardamos que estas indicacións sexan da túa axuda. Se atopas algún problema na instalación contacta coa Asociación.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *