
“Móvete en taxi pola esclerose” é unha campaña promovida pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, ACEM, con motivo do seu 25 aniversario, que conta coa colaboración de Radio Taxi Compostela, Ames e Teo e de Tele Taxi Compostela e co apoio do Concello de Santiago.
Os obxectivos desta campaña son:
- visibilizar e concienciar sobre a esclerose múltiple
- recadar fondos para a posta en marcha dun ximnasio no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM.
Para tal fin, dende o 10 de xuño e ata o 30 de maio de 2021- Día Mundial da Esclerose Múltiple- máis de 150 taxistas de Santiago e comarca levarán a bordo dos seus taxis pulseiras solidarias para a súa venda, así como vinilos identificativos co lema da campaña para contribuir a visibilización desta doenza.
Con esta iniciativa preténdese buscar un beneficio concreto para as persoas afectadas de esclerose múltiple de Santiago de Compostela e comarca. De xeito que os veciños usuarios dos taxis entendan que co donativo da pulseira contribúen a mellorar a calidade de vida dos seus ‘veciños’, xa que os fondos recadados están destinados á habilitación dun ximnasio co seu equipamento.
Un logro que resultará tamén beneficioso para os afectados de párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas, posto que a Asociación integra xa a pacientes con diversas patoloxías neurodexenerativas que fan uso dos seus servizos.
Pulseiras dobremente solidarias
Posto que a iniciativa solidaria parte dos propios pacientes con esclerose múltiple, gustaríanos que foran eles mesmos os que elaboraran as pulseiras, pero isto non sémpre é posible debido a que o deterioro físico afecta en moitos casos ás súas mans: feito en sí mesmo, que constitúe un xeito de visibilizar a incapacidade que produce esta enfermidade.
Por este motivo, as pulseiras solidarias que se poñen á venda nos taxis son adquiridas externamente ás taxistas da iniciativa na que nos inspiramos. Deste xeito, os axentes implicados nesta campaña contribuimos tamén solidariamente na causa a favor da investigación contra o cancro infantil.
ADQUIRE A TÚA PULSEIRA SOLIDARIA POR 2 €
Coa adquisición destas pulseiras solidaria contribúes a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de esclerose múltiple da túa zona, e tamén das persoas afectadas de párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas que se integran en ACEM e fan uso dos seus servizos.
Ademáis, fas tamén a túa aportación á investigación do cancro infantil: as pulseiras son adquiridas a taxistas autónomas que as elaboran artesanalmente en beneficio da Unidade Cris de Investigación e Terapias Avanzadas en Cancro Infantil no Hospital La Paz, única deste tipo en España.
ADQUISICIÓN DAS PULSEIRAS SOLIDARIAS
As pulseiras poden ser adquiridas:
- Nos taxis de Santiago de Compostela e comarca.
- Na sede de ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (Rúa Queixume dos Pinos 4, barrio de Salgueiriños, Santiago de Compostela).
- Por teléfono ou mail e enviámoschas á túa casa. Podes solicitalas no teléfono 981 575 240 ou ao correo acem.santiago@gmail.com. Neste caso o solicitante corre cos gastos de envío das pulseiras, pagándoas contra reembolso.
As pulseiras solidarias desta campaña son ideais para agasallos de vodas, comunións, bautizos ou calquera outra ocasión especial.
A CAMPAÑA “MÓVETE EN TAXI POLA ESCLEROSE” CONTA COA COLABORACIÓN DE:
[/vc_column_text]
Queixume dos Pinos, nº 4
15705 Santiago de Compostela
981 575 240
620 533 471