Bases do concurso de debuxo “Cores para a esclerose”

BASES DO CONCURSO DE DEBUXO

OBXETO

Estas bases teñen como obxecto regular o Concurso de debuxo “Cores para a esclerose” organizado pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple co obxectivo de visibilizar a doenza (en adiante  ACEM).

DESTINATARIOS

Poderá participar todo o alumnado dos Centros de Educación Primaria de Santiago de Compostela, Ames, Teo, Oroso e Brión que se adhiran á campaña “Cores para a esclerose”.

MOTIVO E TEMÁTICA

O tema será a promoción da sensibilización fronte a esclerose múltiple de toda a sociedade, facendo referencia expresa ao tema da campaña: “Cores para a esclerose”

As/os artistas poderán confeccionar as súas obras con liberdade técnica, sémpre a cor.

CATEGORÍAS

Establécense tres categorías para avaliar os debuxos:

  • Categoría A: alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria.
  • Categoría B: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria.
  • Categoría C: alumnado matriculado en 5º e 6º de primaria.

Cada autor/a poderá presentar un só debuxo. Os debuxos finalistas pasarán a ser propiedade da Asociación, que adquirirá sobre estas o dereito pleno para a súa utilización, reprodución e difusión, facendo sempre mención expresa da autoría da obra.

As obras finalistas só poderán ser usadas por ACEM para a promoción da sensibilización fronte ás persoas con Esclerose Múltiple.

REQUISITOS DOS DEBUXOS

Presentaranse en formato horizontal en tamaño DIN A4.

Ao dorso de cada obra figurará un alias (que non pode coincidir co nome real) que servirá para preservar a identidade da/o alumno/a ata o fallo do xurado.

Este alias aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a.

As/os artistas poderán confeccionar as súas obras con liberdade técnica.

ACEM queda facultada para introducir algunha modificación nas obras finalistas se existise algunha dificultade técnica para a súa impresión/reprodución ou para introducir algún texto, como o lema da campaña ou o nome e centro escolar do/a alumno/a finalista.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Acompañando o debuxo noutro sobre independente o autor ou autora deberá presentar unha folla dos datos persoais da persoa participante, para garantir a independencia da valoración do xurado da obra, ao non ter aceso aos autores da mesma. Neste mesmo sobre insertaranse as autorizacións pertinentes que figuran nos Anexos das presentes Bases.

A omisión ou incumprimento dalgún destes requisitos implicará a perda do dereito a adquirir a condición de finalista no suposto de haberes obtido a valoración necesaria.

SOLICITUDE

Os debuxos poderanse entregar ou enviar por correo postal certificado á seguinte dirección: Queixume dos Pinos, 4, 15.705, Santiago de Compostela (A Coruña), ou ser recollidos polo persoal de ACEM cando se reciba solicitude por parte do Centro Educativo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de admisión das obras rematará o 21 de maio de 2021 (incluído).

XURADO

O xurado para a avaliación dos debuxos estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple -que está formada por persoas afectadas pola enfermidade- ademais de por representantes dos concellos que colaboran coa campaña.  

Reunirase tantas veces como sexa preciso, sempre antes do 26 de maio de 2021, e valorarán todos os debuxos presentados, sendo finalistas os que obteñan a maior valoración seguindo os criterios establecidos que figuran nas presentes Bases.

Unha vez efectuada valoración por modalidade, darase traslado dos resultados a ACEM. 

Nese momento será cando se abrirá o sobre pechado que contén a información esixida. De non conter a documentación requirida  ou estar incorrecta, adquirirá a condición de finalista a seguinte obra premiada.

CRITERIOS VALORACIÓN

CRITERIOS PUNTUACIÓN
(TOTAL MÁXIMO 10 PUNTOS)
Relevancia con respecto ao tema 0-3 puntos
Creatividade
(interpretación do tema)
0-4 puntos
Impacto Visual 0-3 puntos

PROCESO

Unha vez outorgada a selección de persoas finalistas, ACEM encargarase de identificar a persoa autora do debuxo, comunicándollo por teléfono ás persoas finalistas, así como aos Centros Escolares con dereito a recoñecemento, convocándoos para o día e hora da entrega dos premios, en función das normas sobre aforo e mobilidade establecidas debido ao estado de alarma sanitaria que estamos a vivir.

FINALISTAS E PREMIOS

De todos os debuxos presentados, o xurado seleccionará 4 finalistas de cada categoría, de entre os cales elixirase unha persoa gañadora por categoría. Os 12 debuxos seleccionados como finalistas pasarán a formar parte dun calendario solidario do 2022 e dunha exposición que se levará a cabo no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM, ademais de poderes ser publicados en medios e redes sociais.

En todos os casos respectarase sempre a autoría do debuxo.

O premio para cada unha das categorías consiste nun lote composto por:

  • unha tableta Samsung Galaxy Tab A
  • un libro
  • un lapis externo
  • unha bolsa de tea e unha pulseira solidaria de ACEM
  • un lote de material escolar.

Os doce finalistas acadarán un diploma de recoñecemento.

Taménse establece un RECOÑECEMENTO PÚBLICO por parte de ACEM ao CENTRO EDUCATIVO, polo seu compromiso pola participación na campaña e en recoñecemento pola súa implicación co fomento da mesma, a aquel centro desde o que se reciban máis propostas por parte do alumnado. Este recoñecemento farase a través da publicación do nome do Centro Educativo nas redes sociais, páxina web e demais medios de difusión, tanto telemáticos como manuais dos que dispoña ACEM.

O fallo do Xurado será inapelable e poderá ser declarado deserto se considera que ningunha das obras presentadas reúne a calidade suficiente. As obras non premiadas deberán ser recollidas polos seus autores e autoras antes de final de 2021 na sede de ACEM. As obras non premiadas que non fosen retiradas polos interesados no prazo establecido pasarán á libre disposición de ACEM. A participación neste concurso implica de forma automática, a plena aceptación das presentes bases.

PUBLICACIÓN DAS PERSOAS FINALISTAS E ENTREGA DE PREMIOS

A publicación dos debuxos elixidos como finalistas, así como o nome, apelidos e Centro Educativo de pertenza de cada un deles, realizarase a través dos medios descritos nas presentes bases o día 28 de maio de 2021.

DESCARGAR BASES Concurso Debuxo “Cores para a esclerose”