Actualidade

Evento “Móllate”

O pasado 8 de xullo participamos no evento “ Móllate pola esclerose múltiple”.
A cidade de Vigo (na piscina da Ponte de Rande de Samil e os seus arredores) foi a primeira de toda a comunidade galega en acoller esta campaña de sensibilización social organizada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) e a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) co fin de achegar á sociedade unha patoloxía coa que conviven máis de 3.000 persoas en Galicia e unhas 47.000 en España. O evento, tivo o respaldo do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, que albergou numerosas e moi diversas actividades lúdicas de carácter familiar.

A campaña “Móllate pola Esclerose Múltiple” é unha acción de sensibilización social e de solidariedade coas persoas que teñen Esclerose Múltiple. Desde que se puxo en marcha a campaña en Cataluña, no ano 1994, máis de 900 praias e piscinas de todo o país, 100.000 persoas, e ao redor de 3.000 voluntarios súmanse cada ano a esta iniciativa solidaria para visibilizar a ‘enfermidade das mil caras’ e recadar fondos para o mantemento das asociacións que prestan servizos ás persoas afectadas. Neste 2018 o ‘ Móllate’ chega a Galicia, comunidade que conta cunhas 3.000 persoas afectadas e sitúase como zona de alta frecuencia da enfermidade.

Durante a xornada convocáronse dous mergullos solidarios pola Esclerose Múltiple, o primeiro ás 12:30 h na praia e o segundo ás 18:00 h. na piscina. Ademais, celebráronse dous ‘ piscicarreiras’ de substitucións na piscina (ás 11:30 h e ás 18:00 h.) co fin de sumar metros pola EM. De forma simbólica, contabilizáronse os metros nadados polos asistentes na piscina, e outorgaráselles un diploma que acredite a súa participación. Os metros alcanzados entre todas as persoas que participaron nas carreiras sumáronse ao total dos metros nadados no resto de praias e piscinas de España

O ‘Móllate’ empezou cunhas ‘olimpíadas molladas’ de xogos con auga para todas as idades. Ademais levaron a cabo numerosas actividades acuáticas, como ximnasia acuática en familia, un campionato de vóley-piscina e outro de ‘ brilé’..

Todas as actividades do ‘Móllate’ foron de carácter gratuíto, aínda que se aceptaron donativos.
Durante a xornada situáronse nos arredores da piscina varias carpas informativas sobre a Esclerose Múltiple e os servizos que ofrecían AVEMPO e FEGADEM, e instalouse un posto co merchandising oficial da campaña co fin de recadar fondos para as entidades organizadoras.
Vendéronse rifas solidarias para entrar nos sorteos da camiseta oficial do Celta e 5 entradas para Humor amarelo en Vigo que se celebrou ao final da xornada.
O evento finalizaron cos concertos solidarios de varios grupos locais: Rober Carcos e Dúo Nós.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *