Actualidade

Problemas sexuais nos pacientes de Esclerose Múltiple

As persoas que padecen esclerose múltiple atópanse cun problema relacionado coa comunicación con respecto á sexualidade. Os prexuízos e as convencións sociais crean barreiras entre pacientes e especialistas que impiden un diálogo normalizado sobre estes problemas.

Xa é hora de romper estes tabús, xa que cada vez existen máis profesionais que se forman sobre estes temas para incluír tratamentos nas terapias dos seus pacientes. “Os profesionais temos unha responsabilidade importante para dar esa posibilidade a todas as persoas”, explica María Honrbia, profesora de temas de Sexualidade relacionados coa Saúde na Universidade de Barcelona.

Todas as persoas teñen sexualidade, pero non debemos identificala exclusivamente coa sexualidade xenital. Os abrazos, os bicos ou o cortexo tamén se consideran respostas sexuais gratificantes e pracenteiras. En ambos os sexos a resposta sexual pasa por catro fases:

  • Excitación: Relaciónase co desexo, é a resposta do corpo a un estímulo.
  • Meseta: É a fase de excitación anterior ao orgasmo, aumenta a tensión muscular, a respiración acelérase e aumenta o ritmo cardíaco.
  • Orgasmo: Climax no que se libera a tensión muscular e psicolóxica.
  • Resolución: Volta á normalidade.

Igual que moitas outras persoas, as afectadas de Esclerosas Múltiple pódense atopar con problemas nalgunha das fases da resposta sexual. Pero a diferenza doutras persoas, esta patoloxía implica problemas de diversa índole tanto a nivel físico como psicolóxico.

Hai algúns síntomas físicos que poden alterar a resposta sexual, como a fatiga, a incontinencia urinaria e intestinal, a coordinación nos membros, os problemas de mobilidade, a espasticidad e os problemas sensoriais. Pero tamén debemos ter en conta os problemas de orixe psicolóxica que poden repercutir na actividade sexual, como a baixa autoestima, depresión, ansiedade, problemas de parella ou medo ás relacións cando a patoloxía está a comezar ou avanzando.

É recomendable diferenciar por sexo os problemas sexuais que pode padecer unha persoa afectada de EM, xa que non son exactamente os mesmos síntomas os que sofren os homes e as mulleres.

Ademais do comentado no parágrafo anterior, as mulleres poden presentar problemas específicos nas relacións sexuais como poden ser a diminución da lívido e a lubricación vaginal, a dor e a ausencia de orgasmo. Para tentar resolver estes problemas é recomendable consultar co teu equipo médico e analizar se algúns destes problemas están relacionados coa túa medicación ou se teñen algún tipo de solución.

No caso masculino as alteracións sexuais específicas máis frecuentes adoitan ser a redución da lívido e a disfunción eréctil, en ocasións tamén por mor da medicación. Nalgúns casos, a Viagra, baixo prescrición médica, pode ser útil para tentar corrixir esta disfunción.

Se queres saber máis sobre estes problemas podes consultar estas ligazóns, pero, LEMBRA QUE O teu EQUIPO MÉDICO É O MÁIS ADECUADO PARA AXUDARCHE.

Relaciones, intimidad y sexualidad

https://www.esclerosismultiple.com/pdfs/Comprender%20la%20EM/RELACIONES,%20INTIMIDAD%20Y%20SEXUALIDAD%20EN%20EM.pdf

Esclerosis múltiple y sexualidad

Sexo y esclerosis múltiple: Una guía para hombres

https://www.observatorioesclerosismultiple.com/es/vivir/sexualidad/sexo-y-esclerosis-multiple-una-guia-para-hombres/

Las relaciones sexuales con esclerosis múltiple

https://www.observatorioesclerosismultiple.com/es/vivir/sexualidad/las-relaciones-sexuales-con-esclerosis-multiple/

El gran tabú de la sexualidad de los discapacitados

https://www.bbc.com/mundo/noticias/2014/12/141118_sexo_discapacitados_argentina_irm

Disfunciones sexuales de los afectados de Esclerosis Múltiple y tratamientos para atajarlos

Jugando con la esclerosis

https://www.elmundo.es/salud/2015/10/15/5617e84646163f74108b4596.html?fbclid=IwAR1UPax6mgoCA6nc5RJhLBWNYSThH4i3EsN7k12kXVAb02z3Aai5krR7Hak

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *