
Síntomas da Esclerose Múltiple
A EM é unha enfermidade moi variable e os síntomas dependen das áreas do sistema nervioso central que se viron afectadas e a magnitude do brote. Os episodios poden durar días, semanas ou meses e ir seguidos de períodos de redución ou ausencia dos síntomas (remisións). Tamén poden presentarse de forma progresiva. A febre, os baños quentes, a exposición ao sol e a tensión poden desencadear ou empeorar os brotes.
Non hai unha EM típica. A maioría das persoas con EM experimentará un conxunto diferente de síntomas, e aínda que hai síntomas comúns a moitas persoas, estes poden variar en severidade e duración, mesmo na mesma persoa.
Os síntomas máis comúns son:
Síntomas musculares, de equilibrio e coordinación:
- Fatiga
- Perda do equilibrio.
- Entumecimento (parestesia) ou sensación anormal en calquera área.
- Problemas para mover os brazos e as pernas.
- Problemas para camiñar.
- Problemas coa coordinación e para facer movementos pequenos.
- Tremor nun ou ambos os brazos ou pernas.
- Debilidade nun ou ambos os brazos ou pernas.
Síntomas vesicales e intestinales:
- Estreñimento.
- Micciones frecuentes e/ou urxentes.
- Incontinencia urinaria.
Síntomas oculares:
- Visión doble.
- Visión borrosa.
- Neuritis óptica.
- Movementos oculares rápidos e incontrolables.
- Pérdida da visión (infrecuente).
Entumecimiento, hormigueo ou dor:
- Dor muscular e dor facial.
- Espasmos musculares dolorosos.
- Sensación de picazón, formigueo ou ardor en brazos e pernas.
Outros síntomas cerebrales e neurolóxicos:
- Diminución do período de atención, da capacidade de discernir e perda de memoria.
- Dificultade para razoar e resolver problemas.
- Depresión ou sentimentos de tristeza.
- Vertixes e mareos.
- Hipoacusia
Síntomas sexuais:
- Problemas de erección.
- Problemas coa lubricación vaxinal.
Síntomas da fala e da deglución:
- Linguaxe mal articulada ou difícil de entender.
- Fala lenta.
- Problemas para masticar e deglutir.
A fatiga é o síntoma máis común e molesto a medida que a EM progresa. Mentres que algúns destes síntomas son evidentes, outros tales como a fatiga, os problemas sensitivos, e os de memoria e concentración son a miúdo síntomas ocultos. Estes poden ser difíciles de describir aos demais e ás veces os familiares e coidadores non entenden os efectos que estes teñen sobre a persoa con EM, o seu emprego, actividades sociais e calidade de vida.
Moitos destes síntomas teñen unha fácil solución se se recoñecen adecuadamente e se poñen as medidas diagnósticas e terapéuticas oportunas. En moitas ocasións o seu control requirirá dunha combinación de tratamentos farmacolóxicos e terapias físicas, tales como fisioterapia, logopedia ou terapia ocupacional.