Actualidade

ACEM pecha en Santiago a campaña “Caminemos por la esclerosis múltiple” de AEDEM-COCEMFE

Onte foi un día máxico celebrando o peche da campaña Caminemos por la EM de Aedem Esclerosis Multiple á súa chegada a Santiago!

Teresa González, Vicepresidenta de AEDEM-COCEMFE e presidenta de ACEM Santiago

Dende ACEM queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta xornada tan importante para o colectivo.

Ás compañeiras e compañeiros de Acem Asociación Coruñesa de Esclerosis MúltipleAlucemAodemper OurenseAVEMPOFegadem que vos achegastes ata Santiago para compartir, celebrar e reivindicar xuntxs!

Todas as entidades galegas participaron no acto de peche da campaña

Especial agradecemento polo seu apoio a Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, a Mila Castro Sánchez, concelleira de Políticas sociais do Pazo de Raxoi, a Anxo Queiruga Vila, presidente de COCEMFE e COGAMI , a Goretti Sanmartín Rei portavoz do BNG – Santiago, María Rozas de Compostela Aberta e ao Dr. José María Prieto González, xefe de neuroloxía do CHUS.

En especial, a Aedem Esclerosis Multiple e a seu presidente Pedro Cuesta Aguilar, por facer posible esta campaña na que as asociacións somos protagonistas.

Onte non foi posible camiñar pola esclerose múltiple por mor da choiva, pero puidemos bailamos pola esclerose múltiple cun grupazo coma Los Mecánicos!

A todas e a todos, mil grazas de corazón!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *