Actualidade

ACEM brilla grazas ás estrelas Michelín

A Asociación Compostel´a de Esclerose Múltiple foi a entidade beneficiaria do evento gastronómico solidario que promove o Restaurante Casa Barqueiro de Negreira.

Estrelas no Camiño contou coa participación de 19 chefs estrelas Michelín

O 1 de agosto foi unha xornada inesquecible para a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, que este ano tivo a privilexio de ser a entidade beneficiaria do evento solidario gastronómico “Estrelas no Camiño”, promovido polos irmáns Rogelio e Fran Rial de Casa Barqueiro. Un evento que conta co apoio de Turismo de Galicia, Xacobeo 21-22, Pesca de Rías e outros patrocinadores.

O evento contou coa participación de 19 chefs Estrelas Michelín que se deron cita en Negreira por unha causa solidaria, neste caso a de ACEM.

A xornada arrancou de mañá na Carballeira de Francos, onde os chefs fixeron un tramo do Camiño de Santiago acompañados pola Directora Xeral de Turismo de Galicia Nava Castro, a presidenta de ACEM Teresa Gonz´´alez, o responsable de márketing e comunicación de Galicia Calidade Iván Fernández, a concelleira de Turismo do concello de Teo, María López o padre José Guldrís, e os promotores do evento, Rogelio e Fran Rial de Casa Barqueiro.

Despois trasladáronse ata a Alameda de Santiago onde iniciaron un percorrido pola rúa do Franco co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Na Praza do Obradoiro estiveron co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Os chefs e a presidenta de ACEM “co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Santiago Xosé Bugallo, e coa directora xeral de turismo de Galicia, Nava Castro.

Visitaron tamén as cubertas da Catedral e ao arcebisco de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio. De camiño a Gonte (Negreira) onte tivo lugar o evento, fixeron unha parada en Ponte Maceira, parada do Camiño a Fisterra.

Os chefs visitan o stand de ACEM no evento

O evento estivo presentado por Isabel Blanco, e contou con máis de 400 comensais.

Fotos: Martín Lagoa.

ACEM agradece a Estrella Galicia a súa contribución á causa a través do concurso de tirada de cervexa no evento. Marcelo Tejedor, foi o gran vencedor, tamén gañaron o concurso Manuel Costiña e Ángel León. O vencedor Marcelo Tejedor fixo a entrega do premio a ACEM: un cheque solidario de 1.000 euros en favor de ACEM.

Cheque solidario de Estrella Galicia

Por outra banda, durante a xornada fíxose unha puxa por unha chaqueta de cociña asinada por todos os chefs estrelas Michelín que participaron no evento. A finalidade era doar o recadado en favor de ACEM. A puxa da chaqueta acadou un valor de 1.000 euros.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *