Actualidade

A Coruña acolle a xornada do FORO ACEM sobre enfermidades neurodexenerativas

O martes 26 de marzo ás 16h. na sede da Fundación ONCE  persoas afectadas, persoal sanitario e investigador abordarán a esclerose múltiple, o párkinson e a ELA.

A xornada forma parte da segunda edición do FORO ACEM  con citas en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela que organiza a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas

O encontro conta co patrocinio do Servizo Galego de Saúde e coa colaboración das asociacións locais de párkinson e esclerose múltiple.

O vindeiro martes 26 de marzo ás 16h. a sede da Fundación Once na Coruña acolle unha xornada divulgativa e de sensibilización sobre a  esclerose múltiple, o párkinson e a esclerose lateral amiotrófica; unha cita que se enmarca no II Foro ACEM de enfermidades neurodexenerativas que organiza a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson e ELA (ACEM).

A xornada pretende nunha mesma cita aunar ás tres partes implicadas nas  patoloxías, sendo un punto de encontro para pacientes, parte clínica e investigación.  Persoas con enfermidades neurodexenerativas diferentes compartirán a súa experiencia de vida coas persoas asistentes. Ademais, na parte clínica participará o neurólogo de referencia Diego Santos, coordinador da Unidade de trastornos do movemento do CHUAC, e o Dr. Miguel Ángel Llaneza, vogal do Grupo de Estudo de esclerose múltiple e enfermidades neuroinmunolóxicas relacionadas da Sociedad Española de Neurología, que abordará a investigación en esclerose múltiple.

As xornadas están dirixidas a persoas afectadas, familiares, coidadores, entidades sociais, persoal sociosanitario, persoal investigador, estudantes así como a persoas sensibilizadas con estas patoloxías neurodexenerativas. Para asistir pódese realizar a inscrición neste enlace ou escribindo a acem.santiago@gmail.com.

A xornada é posible grazas á participación e colaboración das asociacións locais de pacientes como son a Asociación Párkinson Galicia-Coruña e a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple, ACEM; ao patrocinio do Servizo Galego de Saúde e do Ministerio de Sanidad, e á colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude.

PROGRAMA:

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *