II FORO ACEM

XORNADA DO II FORO ACEM NA CORUÑA

ESCLEROSE MÚLTIPLE – PARKINSON – ELA

Martes, 26 de Marzo ás 16:00h na sede da Fundación ONCE (R/ Cantón Grande, 3)

INSCRICIÓNS

Inscríbete á xornada cubrindo este formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdZqHiHNpZ-1FNsPwR77RBlHzxLwyHRwaPicQ4y9zDTltqxwA/viewform?usp=sf_link

Se te es máis cómodo mándanos un mail a acem.santiago@gmail.com

PROGRAMA

16:00h. Presentación e benvida.

16:20h. O labor das asociacións de pacientes.
Sara Otero, psicóloga de ACEM, Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple.
Mila Oreiro, directora da Asociación Párkinson Galicia-Coruña.

16:45h. En primeira persoa: experiencias.
Mesa redonda moderada, coa participación de:
Agathe Sand Eiroa, afectada de esclerose múltiple.
José Miguel Andrade Cernadas, afectado de párkinson.
María Xesús Seoane Lema, afectada de esclerose lateral amiotrófica (ELA).

17:30h. A enfermidade de Parkinson: unha visión global.
Dr. Diego Santos, neurólogo coordinador da Unidade de trastornos do movemento do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

18:00h. Pausa Café.

18:30h. Investigación en esclerose múltiple.
Dr. Miguel Ángel LLaneza, xefe do servizo de neuroloxía do Hospital Universitario de Centro Asturias (HUCA) e vogal do grupo de estudo de enfermidades inmunolóxicas da Sociedad Española de Neurología.

XORNADA INAUGURAL DO II FORO ACEM EN VIGO

Xoves, 29 de Febreiro ás 16:00h no Hotel Coia

Xornada do FORO ACEM en Vigo

INSCRICIÓNS

INSCRICIÓNS

Inscríbete á xornada cubrindo este formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdBuiyezytY0IzFhHmTn6zHnI4AXk2mqFrawHMmePWA07Kvuw/viewform?usp=sf_link

Se te es máis cómodo mándanos un mail a acem.santiago@gmail.com

PROGRAMA

16:00h. Inauguración e benvida.

16:20h. O labor das asociacións de pacientes.
Iago Vázquez Prada, vogal da xunta directiva de AVEMPO, Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra.
Paula Fernández González, educadora social da Asociación Párkinson de Vigo.

16:45h. En primeira persoa: experiencias.
Mesa redonda moderada, coa participación de:
Nuria Julia Martí Gayoso, afectada de esclerose múltiple.
María Xesús Seoane Lema, afectada de Esclerose Lateral Amiotrófica.
Enrique Prado, afectado de párkinson.

17:30h Exercicio terapéutico na enfermidade de Parkinson.
Dr. Pablo Campo Prieto, fisioterapeuta especializado en párkinson, docente e investigador do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS)

18:00h Pausa Café.

18:30h. Intelixencia artificial en esclerose múltiple.
Dra. Inés González Suárez, neuróloga da Unidade de esclerose múltiple do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e investigadora do IISGS.

19:00h Reflexións e peche.

Tras unha primeira edición en novembro de 2023, ACEM organiza nos meses de febreiro, marzo e novembro de 2024 o II FORO ACEM DE ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS: Xornadas divulgativas sobre esclerose múltiple, párkinson en ELA.

A novidade desta edición é que -ademais de contar coa triple xornada en Santiago en novembro- haberá dúas xornadas satélites: en Vigo o 29 de febreiro e na Coruña o 26 de marzo.

O II Foro ACEM mantén a esencia coa que foi concebido: ser punto de encontro das tres partes que interveñen nunha patoloxía: pacientes, parte clínica e investigación. Ademais de apostar polas sinerxias con outras entidades e institucións, e por visibilizar o labor que cada unha leva a cabo no seu eido.

PATROCINIO E COLABORACIÓNS

O II Foro ACEM de enfermidades neurodexenerativas conta co patrocinio do Servizo Galego de Saúde e do Ministerio de Sanidad e coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), da Asociación Párkinson de Vigo, da Asociación Galega de afectados por ELA (AGAELA) e do Hotel Coia.