Actualidade

ACEM organiza o “II Concerto solidario online pola esclerose múltiple” coa banda Ruxe Ruxe

  • O xoves 2 de decembro ás 21hrs. terá lugar o II “Concerto solidario online pola esclerose múltiple”, que contará coa participación da banda Ruxe Ruxe.
  • O concerto está patrocinado por Bristol Myers Squibb e poderá ser seguido online e en directo a través da web do estudo A Ponte. Pódense adquirir xa as entradas solidarias a 10 euros en:   https://apontestudio.com/tickets/
  • Esta iniciativa solidaria busca visibilizar a esclerose múltiple e recadar fondos para atender as necesidades de persoas afectadas por ésta e por outras neurodexenerativas semellantes, axudando así á mellora da súa calidade de vida.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) organiza este outono o seu evento solidario anual, unha vez máis en forma de concerto de música online, debido a que a crise sanitaria imposibilia a realización da emblemática Carreira-Andaina solidaria.

O obxectivo desta cita é visibilizar a enfermidade e obter a captación de fondos precisa para prestar os servizos sociosanitarios que necesitan as persoas afectadas de esclerose múltiple e doutras enfermidades neurodexenerativas semellantes que reciben atención sociosanitaria no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM.

O  II CONCERTO SOLIDARIO ONLINE POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE terá lugar o xoves 2 de decembro ás 21 hrs. e poderá ser seguido online e en directo coa adquisición dunha entrada solidaria de 10 euros, xa á venda na web do estudo A Ponte. O concerto contará coa actuación dunha banda de referencia da escea musical galega: Ruxe Ruxe.

O concerto está patrocinado por Bristol Myers Squibb e conta coa colaboración do Concello de Santiago, Viaqua, Hortas Suministros, García Salgado Asesores, Gadis, Otero Caritón, Los Ángeles Gas, Prysma, Portomédica, Novoneón Rotulos, Monbus, ACV Publicidad, Altia Consultores e Seda Formación.

Autobuses de Santiago coa publicidade do concerto

RUXE RUXE é sen dúbida a banda referente do rock galego. Con 25 anos de traxectoria, 12 LPs e 2 EPs no mercado e máis de duascentas cancións orixinais publicadas, están no seu mellor momento. En Febreiro de 2020 presentaron o seu novo traballo, O estraño falar dun monstro da aldea. Durante 2021 continuan coa presentación deste disco, pero tamén presentaron algúns temas novos que foron compostos durante os meses de parón, nunha xira polo seu 25 aniversario.

O concerto terá lugar no estudo A Ponte dos Concertos, que acolleu actuacións online de artistas coma Susana Seivane, Chamaquito Pistolas, Paco Nogueira, Udra… Este estudo ofrece unha excelente calidade de son, realización multicámara, impecable iluminación e posibilidade de interacción co público mediante chat durante o concerto online. Todo elo enmarcado nun precioso local restaurado do século XIX.

ACEM quere agradecer ao patrocinador Bristol Myers Squibb e ás empresas que colaboran neste Concerto solidario pola esclerose, a súa contribución á visibilización da enfermidade e á mellora da calidade de vida das persoas afectadas.

A ESCLEROSE MÚLTIPLE

A esclerose múltiple (EM) é unha enfermidade crónica e dexenerativa, caracterizada por un nivel de discapacidade que vai aumentando progresivamente. O 70% dos casos prodúcense entre os 20 e 40 anos, en pleno desenvolvemento persoal e laboral e dáse con máis frecuencia (máis do dobre) en mulleres que en homes. É a segunda causa de discapacidade entre adultos xóvenes despois dos accidentes de tráfico, e a primeira en discapacidade sobrevida. Galicia é a comunidade con maior prevalencia da enfermidade con máis de 4.000 persoas afectadas.

ASÍ FOI O CONCERTO SOLIDARIO

II Concerto Solidario Online pola Esclerose Múltiple

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *