Terapia Vocal
Terapia Vocal
Desde - Hasta: 01/03/2022 - Actualmente
Terapia do servizo de logopedia dirixida a persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson. Impártese coa supervisión dunha fisioterapeuta para un correcto control do tronco, dunha boa respiración costo-diafragmática-abdominal e do fluxo aéreo que implica.
A dinámica está dirixida a mellorar a técnica vocal e a implementar hábitos de hixiene vocal. As actividades realízanse de xeito lúdico e divertido, sendo de diversa índole: coro e canto a capela, improvisacións, lectura de contos e textos, representacións de pequenas obras de teatro.
O obxectivo principal é adquirir as corretas pautas de voz para ter un maior volumen sen forzar a voz, así como unha mellor articulación, resonancia e prosodia. Trátase de adquirir a técnica que permita empregar a voz sen malos hábitos ou costumes nocivas que repercutan na voz, como poden ser a disfonía, os pólipos, os nódulos ou simplemente dor de gorxa.
Entre os obxectivos específicos desta terapia, atópanse: mellorar a prosodia, a resonancia das emisións e a articulación; adquirir a aprendizaxe dunha boa impostación; realizar un correcto uso das cordas vocais e aprender as condutas para unha correcta hixiene vocal.