Español' Galego'
Cookies

Terapia Ocupacional

Terapia Ocupacional
Terapia Ocupacional

Desde - Hasta: 01/03/2022 - Actualmente

Este servizo promove a calidade de vida e benestar a través da ocupación. Ten como obxectivo principal capacitar ás persoas a participar nas actividades do seu día a día (AVD). Os obxectivos e a intervención, céntranse en:

  • Rehabilitación ou mantemento daquelas habilidades precisas para participar nas ocupacións do día a día: estimulación cognitiva, mellora ou mantemento da destreza manipulativa tanto global como fina, potenciación da sensibilidade, mellora ou mantemento do rango articular, forza e coordinación en membros superiores.
  • Adestramento ou adaptación en actividades da vida diaria (actividades básicas e instrumentais), participación social, lecer, traballo.
  • Asesoramento en produtos de apoio (férulas, cadeiras de rodas, táboas de transferencia, produtos relacionados co aseo persoal, alimentación, vestido e desvestido, etc.) ou en adaptacións da contorna.