Seguridad en el manejo
Seguridade no manexo
Desde - Hasta: 01/03/2022 - Actualmente
Obradoiro grupal realizado dende o servizo de fisioterapia, dirixido a orientar ás persoas usuarias, a familiares e persoas coidadoras, da correcta realización das actividades da vida diaria, previndo as posibles caídas e lesións.
A finalidade é fomentar o bo manexo das persoas usuarias afectadas, naquelas actividades onde eles se etopan máis inseguros e precisan algunha pauta ou indicación de cómo manexarse neses casos, para realizala co mínimo esforzo e a máxima seguridade.
Dirixido a persoas afectadas:
- Cambios posturais seguros e ergonómicos na cama e na cadeira.
- Marcha segura con asistencia.
- Como erguerse tras unha caída.
- Subida e baixada de beirarrúas e escaleiras.
- Como coller un peso correctamente e sen lesionarse.
- Como movilizar un obxeto e como coller un obxeto elevado sen caer con déficit de equilibrio.
- Entrada e saída da ducha/bañera, do coche, etc.
Dirixido a familiares:
- Cambios posturais na cama: tumbarse, erguerse, xirarse.
- Cambios posturais na cadeira de rodas: bipedestación e sedestación. Correcta colocación dos membros e postura.
- Cambios posturais dende una cadeira normal ou un sofá: bipedestación e sedestación.
- Marcha asistida: como axudar na marcha en función do nivel de control e das capacidades físicas.
- Vestido e desvestido.
- Como erguer do chan a un familiar se este caeu.
- Entrada e saída da ducha/bañeira.



