RehabilitARTE
Rehabilit-Arte é un proxecto integral e transversal co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de esclerose múltiple, párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas a través da arte.
E o fai a partir da participación de persoas afectadas en obradoiros artísticos e a presentación das manifestacións artísticas resultantes na comunidade, cunha exposición permanente no Centro de Rehabilitación Integral e outra itinerante polos municipios que forman parte do ámbito de actuación da entidade.
Este proxecto é posible grazas á colaboración da Fundación La Caixa, a través das convocatorias de Acción Social Galicia 2023 e 2025.
Na súa segunda edición 2025-2026 colabora tamén Oral Group Clínicas Dentales a través da súa I Beca Solidaria Oral Group.
OBRADOIRO DE CERÁMICA CASTREXA
Do 5 de marzo ao 23 de abril.
No mesmo, 20 persoas con esclerose múltiple e párkinson están aprendendo - da man Sandra Obarrio da Fundación Terra Termarum Castrolandín - as técnicas tradicionais de modelado e decoración, e elaborando pezas inspiradas nas formas e motivos da cultura castrexa.


OBRADOIRO DE TEATRO

PRIMEIRA EDICIÓN
Inauguración da exposición Rehabilit-Arte no Centro Sociocultural Fontiñas de Santiago.
Obradoiro de intervención mural co artista Pelucas
Obradoiro de pintura con LLou Insidias


Obradoiro de iniciación á cerámica con Emilia Guimeráns
Obradoiro de poesía creativa



