Quienes somos
A Asociación de Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA, outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras (ACEM) é unha organización sen ánimo de lucro creada en 1995 co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por estas enfermidades, así como a dos seus familiares e persoas coidadoras.
En 2007 foi recoñecida de Utilidade Pública
ACEM ten 30 anos de experiencia no colectivo de servizo para persoas con discapacidade e dependencia. Así, no ano 2009, o Concello de Santiago de Compostela cede unha parcela situada na rúa Queixume dos Pinos s/n, baixo réxime de concesión demanial, para a construción dun centro, que o 27 de xuño de 2013 foi declarado de interese e utilidade municipal. É neste Centro de Rehabilitación Integral, onde ACEM ofrece atención multidisciplinaria e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinario de acción conxunta especializada no sector.
Os valores que ACEM propugna son a consideración das persoas con esclerose múltiple, párkinson e ELA como suxeitos que teñen dereitos e deberes, calidade e desempeño, traballo en equipo, eficacia e eficiencia, mellora continua e compromiso co colectivo de persoas afectadas.