Programa de atención integral
Desde - Hasta: - Actualmente
ACEM conta cun Programa de rehabilitación integral que é posible grazas a un equipo interdisciplinar formado por unha ducia de profesionais sociosanitarios que prestan os servizos de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, atención psicolóxica e preparación física, con terapias individuais e grupais.
O programa busca a mellora da calidade de vida e a integración da persoa ao medio familiar, social e ocupacional. Asemade, contribúe a aliviar a sobrecarga que habitualmente sofren as persoas coidadoras e familiares, proporcionado un tempo de respiro mentres a persoa usuaria acude ao centro os días de terapia.
Complementan a atención integral ás persoas afectadas e ás súas familias o servizo de traballo social, o asesoramento e asistencia xurídica e unha serie de actividades complementarias como pilates, golf adaptado e artes plásticas entre outras.